Bye Bye Honey
Autor e director: Jose Prieto
Elenco: Carlos Mosquera Mos, César Goldi, Iolanda Muíños, Ramón Orencio, Fran Facal, Chechu Mosquera

Autor e director: Jose Prieto
Elenco: Carlos Mosquera Mos, César Goldi, Iolanda Muíños, Ramón Orencio, Fran Facal, Chechu Mosquera
Autor: Chévere
Dirección: Xron
Elenco: Mónica García, Patricia de Lorenzo e Arantza Villar
Quen non coñece a historia da Cigarra e a Formiga? A fábula de sempre, a da cigarra vaga e a formiga traballadora.
Pero hoxe imos a contarlles A verdadeira historia da Cigarra e a Formiga a que empezou unha noite de tormenta que fixo que todo cambiara ...
Cambiou a vida da formiga que vive na saída de emerxencia do seu formigueiro e de paso, coida as flores, pero tamén canta as cancións que inventa no seu tempo libre ...
Sinopse: A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser máxico, único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.
Sinopse: O circo de Don Attilio chega á vila! A pista xa está montada na praza... O público agarda expectante a que comece o espectáculo... Cando... Tatatachán! Por fin! Toni Bombillo, estrela do circo, poderá ver a súa amada María, a filla de Don Próspero, preboste do Barrio alto! Pero estes amores son imposibles, "onde se viu que unha marioneta de luva fina e acomodada se xuntase cunha marioneta de mesa pobre e ambulante?" dirán todos. Pero, ao final, o amor sempre triunfa e as autoridades non serán quen de separar os namorados.
Este proxecto céntrase na investigación do teatro rural amateur e infantil, así coma na creación dende o 2014 de espectáculos para tódolos públicos.
Juan Manuel Frade e Beatriz Rodríguez, xunto con Cristina Collazo formaron parte da primeira peza da compañía, O Circo dos Contos. Na actualidade, Pilar Abades e Cristina Collazo continúan o proceso.
Ron Lalá:
Texto de Diego Ameixeiras e dirección de Jorge Coira.
Elenco: Alfonso Agra, Mercedes Castro, Miguel Guido, Tamara Canosa e Federico Pérez
Elenco artístico de Elefante Elegante:
Gonçalo Guerreiro e María Torres
Que aconteceria se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que se fai o espectáculo de teatro xestual, con danza, manipulación de obxectos e monicreques. Os seus efectos cómicos, plásticos e poéticos advirten, divirten e fascinan.
Espectáculo da Rede galega de teatros e auditorios dirixido a un público familiar e infantil a partir dos 3 anos.
Esta é a historia de dous irmáns: Santiago e Peque e a aventura que emprenden para aprender a verse e escoitarse de verdade, a aceptar ao outro tal e como é, coas súas virtudes e defectos. É un camiño dende o egoísmo cara á solidariedade e á tolerancia. Santiago e Peque aprenderán a apreciarse e quererse como irmáns, cantando e bailando ao son da música orixinal do espectáculo.
O Camiño de Santiago é, en definitiva, a viaxe da fraternidade reencontrada dende o xogo, é o camiño onde se constrúe o vínculo fraterno.
Público: familiar, recomendado para maiores de 4 anos