Cosmética fresca con herbas de San Xoán
Obradoiro de Josefin Anllo Naveiras para recuperar costumes da nosa tradición vinculada co época do San Xoán e as súas herbas e no seu uso inmemorial con obxectivos cosméticos.

Obradoiro de Josefin Anllo Naveiras para recuperar costumes da nosa tradición vinculada co época do San Xoán e as súas herbas e no seu uso inmemorial con obxectivos cosméticos.
Aproximación á lecura de documentos: letra humanística e procesual.
Actividade co gallo da celebración do Día dos Arquivos - 9 de xuño.
Actividades relacionadas coa encadernación artesanal de libros no laboratorio de restauración do Arquivo do Reino de Galicia.
Este obradoiro forma parte do programa de accións para dar a coñecer á cidadanía a importante tarefa dos arquivos na garda, conservación e difusión do noso patrimonio co gallo do Día Internacional dos Arquivos.
Elaboración de papel imitación amate (ámatl) no laboratorio de restauración do Arquivo do Reino de Galicia.
A selección farase por orde de chegada das solicitudes.
Este obradoiro forma parte do programa de actividades co gallo da celebración do Día Internacional dos Arquivos.
Estas xincanas literarias que se desenvolven en dúas sesións no espazo exterior da Biblioteca de Galicia, teñen como finalidade a conmemoración do centenario da publicación Terra asoballada de Ramón Cabanillas. Trátase de achegar ao público familiar a vida e obra do poeta dun xeito diferente, participativo e lúdico.
Datas: 12 e 19 de xullo
Público: Familiar (recomendado a partir de 5 anos)
Horario: 18:00 a 19:30 h
Duración: 80 minutos
Prazas: 50
Actividades dunha hora de duración para grupos de ata 15 persoas. Partindo dalgúns dos documentos que forman parte da exposición "Vicente Álvarez Neira", analízanse de forma dinámica e participativa as actuacións de todos os implicados neste célebre crime, que conmocionou á sociedade da súa época.
A mediados do século XVIII cometeuse un crimen que conmocionou a toda a sociedade galega. Foi o crimen de don Benito Alonso Enríquez y Sarmiento.
Actividade participativa co gallo do Día Internacional dos Arquivos.
Saíndo do Arquivo Histórico Provincial de Ourense percórrense os "lugares franciscanos" de Ourense con probas e retos nos que se resolve un misterio, cuxa solución está nos capiteis e outros elementos do claustro de San Francisco.
Actividade co gallo do Día dos Arquivos.
O CGAC continúa co ciclo de talleres de experimentación artística dirixidos a familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 9 anos.
Os pequenos e pequenas descubren, crean e gozan en familia e acheganse xuntos ao fascinante universo da arte contemporánea. Nesta edición de Talleres para familas estase a traballar a relación que existe entre o corpo e arte contemporánea.
A Biblioteca cede o espazo á ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz que, xunto ao colectivo Polo Correo do Vento, levarán a cabo esta actividade.
Ofreceranse dúas sesións: ás 17:00 horas, para 12 nenos e nenas de 4 a 8 anos, e as 18:00 horas, para 12 nenos e nenas de 9 a 12 anos.
Obradoiro que busca motivar o interese e achegamento á cultura clásica, mediante o descubrimento de como traballaban os oleiros romanos e cales eran os procesos de fabricación dunha peza de cerámica.