Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Fuller. A nave espacial Terra

Sábado 29.
Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 30. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazo de inscrición: do 15 ao 28 de
(Prazas esgotadas)

O arquitecto David Antuña e Víctor González e os educadores Rebeca Mariño e Santiago Chenlo introducirán os participantes no apaixonante mundo da arquitectura contemporánea. Cada taller estará dedicado a un autor representativo das diferentes xeracións de arquitectos desde as vangardas até a actualidade e desenvolverase atendendo á filosofía de cada creador

Galego

A Galiña Azul

Obradoiro no que o eixe central é o libro Galiña Azul, de Carlos Casares, a quen este ano se lle dedican as Letras Galegas.

Despois da lectura do devandito libro, os participantes fabricarán con material reciclado a bomba da alegría de Leoncio, así como marionetas que representen aos personaxes do conto, que xunto cun pequeno teatro de títeres axudarannos a representar en familia estes relatos de amizade e solidaridade.

Público: de 6 a 12 anos

Horario: de 17:00 a 18:30 h

Duración: 90 minutos

Prazas: 25

Galego

Coma un pincel. Janine Antoni

Sábado 22, para familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos.

Domingo 23, para familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos.

Antoni transforma actividades cotiás como comer, dormir, bañarse, lavar ou limpar en modos de facer arte. Emprega como principal ferramenta diferentes partes do seu corpo para realizar as súas obras: os seus dentes, a súa boca, o seu pelo, a súa lingua... Durante o taller os participantes converterán os seus corpos nunha ferramenta para a acción e a creación.

Galego

Autorretrato estilo Maruja Mallo

Cada participante vai aprender a facer un autorretrato do corpo enteiro ao estilo Maruja Mallo. Observarán o cadro titulado Ciclista. Deseñarán un autorretrato de corpo enteiro do deporte que máis lles gusta practicar; futbol, patinaxe, ciclismo, xogar ao tenis etc. Aprenderán, deste xeito, a debuxar a figura en movemento, combinarase o debuxo e a fotografía para conseguir unha orixinal colaxe.

Actividade dentro do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Ilustración e mindfulness

Esta actividade mestura a ilustración co mindfulness. O mindfulness, ou conciencia plena, é un concepto que provén do budismo, pero que está de actualidade na nosa sociedade. Nun mundo cheo de stress e présas convén deterse un pouco e respirar. Está demostrado que a combinación da arte co mindfulness produce efectos positivos no organismo, nas nosas emocións, creatividade e benestar.

Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas Galicia.

Galego

Constrúe o teu propio tubo

Unha actividade do ciclo De lugares e órganos dirixida a nenas e nenos, que pretende aprenderlles que é un órgano, como funciona e a terminoloxía básica asociada ao instrumento: que é un tubo, o fol, os rexistros..., para logo construír un pequeno tubo de órgano de madeira e iniciarse así no apaixonante e descoñecido mundo da organería e dos oficios relacionados cos órganos. 

Galego

Os luns, obradoiro de lectura

Última sesión deste obradoiro, coordinado por Lourdes Nóvoa -participante do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia-, que ten por obxectivo espertar nos nenos e nenas o interese pola lectura.

Animando aos nenos e nenas a explorar as historias que contan os libros mediante a lectura e o debate de certas obras literarias axeitadas ás súas idades, aprenden os valores que propoñen, experimentan a vida desde outras perspectivas e crean as súas propias historias tralo estudo da creatividade dos autores propostos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro