Obradoiro de contos con Miró con Tarabelos
Animación á lectura que comeza cun contacontos surrealista e que remata cunha ilustración colectiva das personaxes tal como as vería o xenio da pintura Miró. O obradoiro se desenvolverá na caseta da actividades da Feira do libro de Ourense (rúa do Paseo, fronte a Delegación de Defensa). Prazas limitadas. Para nenos maiores de 6 anos.

