Findes na Balea: Poesía visual
Como traballa un poeta? Como crea un artista?
A través de dúas figuras senlleiras da cultura galega como Uxío Novoneyra e Antón Lamazares, reunidos na excepcional mostra Flor Novoneyra, os máis pequenos e pequenas da casa vanse converter durante unha tarde en poetas e artistas.

