Obradoiros de verán no Museo Massó
Participa nunha aventura de piratas e corsarios no museo. Obradoiro gratuito dirixido a nenas e nenos de 3 a 6 anos.

Participa nunha aventura de piratas e corsarios no museo. Obradoiro gratuito dirixido a nenas e nenos de 3 a 6 anos.
Miniobradoiro de dous días no que veremos todos os recursos que nos ofrecen os teléfonos móbiles para a fotografía. Imparte: Iciar Cervantes. 16 e 17 de agosto ás 12 h. na sala de actividades do segundo andar.
Para rapaces de 10 a 16 anos.
Prazas limitadas
Viaxaremos polo mundo sen saír da biblioteca. Imparte: Xeitura. Os martes de agosto na sala infantil ás 12 h. Para rapaces de 6 a 10 anos. Prazas limitadas
Pablo Ruibal, viola de gamba baixo
Eva-Maria Rusche, clave
Angela Ambrosini, viola de chaves soprano
Marco Ambrosini, viola de chaves contralto
Víctor Blanco, danza
Modera, Andrés Díaz
Dunha maneira divertida, os nenos e nenas achegaranse á cultura e á escritura chinesa. Terán nas súas mans os catro tesouros do escribán: un pincel, que tras tocar a súa punta na tinta chinesa elaborada no tinteiro, dará forma no papel a uns misteriosos caracteres que transmitiran a filosofía de todo un pobo, a súa sensibilidade e a súa beleza.
Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Do 31/7 ao 4/8 para nenos e nenas de 4-6 anos.
Do 7/8 ao 11/8 para nenos e nenas de 7-9 anos.
Do 21/8 ao 25/8 para nenos e nenas de 10-13 anos.
O Museo Liste programa actividades especiais dirixidas a grupos de nenos e nenas que a través de campamentos urbanos, ludotecas, academias ou grupos particulares previamente establecidos, desexen visitar o Museo. As actividades ofertadas este ano son as seguintes:
PROPOSTA 1: ARTELLANDO A HISTORIA
Con papel e cartón os rapaces e rapazas realizan unhas bolboretas que sorprenderán a pequenos e maiores.
Imparte: Fátima Fernández.
Para rapaces de 9 a 14 anos.
Prazas limitadas.
Obradoiro que achega a rapaces e rapazas ao mundo da reciclaxe e lles ensina a aproveitar o refugallo.
Imparte: Maria Luz e Laura, bolseiras da biblioteca.
Para rapaces de 6 a 12 anos.
Prazas limitadas.
Obradoiro no que se combina a reutilización de materiais coa construción de pequenos elementos decorativos como un terrario de papel.
Imparte: Fátima Fernández.
Para rapaces de 9 a 14 anos.
Prazas limitadas.