Coma un pincel. Janine Antoni
Sábado 22, para familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos.
Domingo 23, para familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos.
Antoni transforma actividades cotiás como comer, dormir, bañarse, lavar ou limpar en modos de facer arte. Emprega como principal ferramenta diferentes partes do seu corpo para realizar as súas obras: os seus dentes, a súa boca, o seu pelo, a súa lingua... Durante o taller os participantes converterán os seus corpos nunha ferramenta para a acción e a creación.

