Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Verbenas animadas de Maruja Mallo

Maruja Mallo foi unha pintora vangardista, que experimentou e colaborou con diversas correntes artísticas do século XX. Transgresora, moderna, feminista, foi unha muller adiantada ao seu tempo, cunha visión lúcida e unha enorme capacidade creativa.

O vencellamento da artista coa vangarda e a súa paixón pola sétima arte servirán de fío condutor para este obradoiro de stop-motion no que rapaces e rapazas, despois de achegarse á figura, á obra e á época desta artista galega, farán unha proposta de animación a partir da obra “La Verbena”.

Público: de 9 a 12 anos

Galego

Botánica surrealista de Maruja Mallo

Obradoiro no que se pretende facer un achegamento á obra La sorpresa del trigo de Maruja Mallo. Comprobaremos que pasaría se plantasemos sementes de legumes en lugares tan curiosos como o nariz, o xeonllo ou os beizos, ao igual que fixo Maruja Mallo co trigo xermolando dos dedos da man da protagonista desta obra tan singular. Para isto distribuirase entre os/as participantes un puñado de sementes: garabanzos, lentellas, chícharos...que terán que incluír na súa proposta plástica.

Galego

Retrato pictograma de Carlos Casares

Con Teatro Babaluva faremos un retrato gráfico de Carlos Casares. Buscaremos símbolos e formas gráficas que representen a súa personalidade axudaos polas personaxes da súa obra: A galiña azul, un polbo xigante etc. Ao rematar xogaremos cos usuarios presentes a ver se recoñecen ao escritor do noso mural.

Para nenos de 5 a 12 anos

Prazas limitadas 

Galego

Obradoiro de submarinos

Autores de ciencia ficción e científicos conflúen neste obradoiro e danlle forma a unha actividade para promover a literatura de ciencia ficción e intentar comprender o concepto de flotabilidade. Jules Verne, Arquímedes, Antonio Sanjurjo Badía e Issac Peral introdúcennos na construción dun submarino.

Unha actividade de Ler conta moito ideal para promover o interese pola lectura, a ciencia e o traballo en equipo.

Galego

Coñecendo a Maruja Mallo

Partindo de dúas obras de Maruja Mallo (Máscaras e Máscaras con bolboretas), como base, cada participante fará unha interpretación, contará un conto, a través da ilustración. “Animaremos” estas dúas obras da pintora.

Técnica: recortables, debuxo, pintura. Para 20 nenos e nenas de 4 a 12 anos na sala multiusos.

Galego

A galiña azul e compañìa

A través de A galiña azul, farase unha explicación amena do seu autor, Carlos Casares, e do que significan as Letras galegas. A galiña azul virá moi ben acompañada, de xeito que coñeceremos outras obras de Casares e algúns contos de tradición. Despois da sesión de contos, desenvolverase un obradoiro. Para que a obra de Casares perdure no tempo, máis aló do seu día.

Obradoiro lúdico dentro do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Nenos e nenas: a partir de 4 anos
Colectivos con necesidades especiais: discapacitados psíquicos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro