Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Obradoiro de mandalas e origami

Curso de balde de deseños orixinales da India: mandalas. A súa forma básica é un círculo, teñen un poder extraordinario e aportan beneficios a nivel físico, psicolóxico e creativo. Os origamis, é unha arte de dobrar papel para formar figuras xeométricas, animais, vexetais, sen tesoiras nin pegamento. Imparte: Pamela Conde Rojas, voluntaria cultural.

Destinatarios: nenas e nenos de 10 a 12 anos.

Prazas: 10 Datas: 2, 7, 9, 14, 16, e 21 de marzo.

Días: martes e xoves.

Horario:de 16 a 17 horas Inscrición por orde de petición no formulario

Galego

Caretas e antifaces para o entroido

Actividade na que realizamos as nosas caretas para o entroido desenvolvendo a nosa creatividade, dirixida a nenos e nenas de 6 a 10 anos.

Coordina o obradoiro Pilar Teixeira, voluntaria do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, na sala infantil.

O límite de prazas é de 8 e requírese inscrición previa chamando ao 881 999 401 ou acudindo ao mostrador de información do andar baixo da Biblioteca. 

 

Galego

CANCELADO! O mundo Star Wars na nosa lingua

Neste obradoiro traducimos as citas máis coñecidas da famosa saga Star Wars ao galego e plasmámolas en marcapáxinas e cuncas.

A actividade é na sala infantil e está cargo de persoal da biblioteca, diríxese a nenos e nenas de 6 a 10 anos.

É precisa a inscrición previa chamando ao 881 999 401 ou no mostrador de información do andar baixo da Biblioteca, o límite de prazas é de 8.

Galego

Harmonía moderna na música popular

Alejandro Vargas impartirá un cursos dentro dos Monográficos de inverno 2017.

É un curso xeral sobre o universo da harmonía aplicado ás músicas populares dun xeito diferente en aulas de teoría aplicada e con práctica.

Este non é un curso ao uso da harmonía do jazz ás músicas folk senón unha apertura ao mundo harmónico para entender e experimentar sobre as cores e novos conceptos sonoros fóra da melodía e a estructura horizontal da música.

DETALLES:

Duración: 4 horas

Prezo: 35 €

Data: Sábados 11 e 18 de febreiro

Galego

Pandeiros con Carlos Martínez

Carlos Martínez (Pan de Capazo, os Emijrantes, Fanfarria Takikardia) ofrece este monográfico de percusións de mao: Pandeiros: técnicas e ritmos para diferentes tipoloxías de adufes.

Inscrición e detalles:

Duración: 4 horas Prezo: 20 €

Data: Sábado 18 febreiro

Horario: 16-20 h

Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)

Nivel: iniciación.

+ info e inscrición: info@folque.com

Galego

Percusión doméstica con Carlos Martínez

Carlos Martínez (Pan de Capazo, os Emijrantes, Fanfarria Takikardia) ofrece este monográfico de percusión feita con instrumentos da fortuna, obxetos caseiros que calquera pode atopar na súa vivenda.

Detalles e inscrición:

Duración: 4 horas

Prezo: 20 € Data: Sábado 18 febreiro Horario: 11-14 h

Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)

Nivel: para todo tipo de público, con ou sen coñecementos musicais, infantil e adulto.

+ info e inscrición: info@folque.com

Galego

Entroidanzas

Obradoiro de danzas de Entroido de distintas partes do mundo impartido por Montse Rivera.
Dirixido a persoas interesadas sen necesidade de coñecementos previos. 
A inscrición é de balde pero deberá realizarse con antelación en deac@museodopobo.gal 
As prazas son limitadas.

Galego

Cordas con Xosé Liz

O multiinstrumentista Xosé Liz imparte este curso monográfico de corda pulsada na música folk baixo o título “Patróns rítmicos e ornamentacion de músicas europeas”.

O obradoiro proposto versará no acompañamento á música tradicional europea contemporánea en diversos instrumentos (bouzouki, guitarra, mandolina).

Detalles: ◾Duración: 4 horas

◾Prezo: 35 €

◾Data: Sábado 11 febreiro

◾Horario: 16-20 h

◾Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)

◾Nivel: para músicos iniciados (bouzouki, guitarra, mandolina)

Galego

Frauta con Xosé Liz

O multiinstrumentista Xosé Liz imparte este curso monográfico de frautas traveseiras na música folk.

O obradoiro proposto versará sobre técnicas e repertorios deste tipo de frautas na música tradicional galega contemporánea.

Detalles:

Duración: 4 horas

Prezo: 35 €

Data: Sábado 11 febreiro

Horario: 10-14 h

Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)

Nivel: para músicos iniciados

+ info e inscrición: info@folque.com

Contidos:

Galego

Violino con Begoña Riobó

A viguesa Begoña Riobó, a máis destacada e internacional intérprete galega de violino imparte este curso monográfico para a música folk. O obradoiro proposto é “Repertorio tradicional de gaita galega adaptado ao violín”, no que tratará de forma pormenorizada os repertorios e xeitos de tocar na música tradicional galega contemporánea. Detalles: ◾Duración: 8 horas (con descansos) ◾Prezo: 55 € ◾Data: Sábado 11 febreiro ◾Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC) ◾Horario: 10-14 h e 16-20 h ◾Nivel: para músicos iniciados.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro