Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

O meu pesadelo favorito

Un extraterrestre que viaxa polos sumidoiros, un dinorrinco, un hipodrilo, unha repartidora de bicos...estas son algunhas das persoaxes que viven nos soños de Manuel, un neno con febre. Da man da ilustradora de "O meu pesadelo favorito" coñeceremos a estas e outras persoaxes coas que nos divertiremos facendoas tamén froito dos nosos soños...ou pesadelos.

Actividade a cargo da ilustradora María Lires

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

HORA: 12 H.

Galego

Construíndo o noso libro ilustrado

Segunda sesión do obradoiro a cargo de Gargallando. Nestas sesións as nenas e nenos participantes crean os seus propios personaxes, os mundos que habitan e as aventuras que viven, incentivando a súa creatividade coa utilización de recursos lingüísticos e grafo-plásticos relacionados co libro ilustrado.

O obradoiro está dirixido a nenas e nenos de 6 a 9 anos.

É precisa a inscrición previa na biblioteca ou chamando por teléfono. Sala infantil, máximo 10 participantes.

 

Galego

Construíndo o noso libro ilustrado

Obradoiro a cargo de Gargallando, que consta de dúas sesións de 70 minutos cada unha. Nestas sesións as nenas e nenos participantes crean os seus propios personaxes, os mundos que habitan e as aventuras que viven, incentivando a súa creatividade coa utilización de recursos lingüísticos e grafo-plásticos relacionados co libro ilustrado.

O obradoiro está dirixido a nenas e nenos de 6 a 9 anos.

É precisa a inscrición previa na biblioteca ou chamando por teléfono. Sala infantil, máximo 10 participantes.

 

Galego

Biblioteca encantada

En que consiste?

Achégache connosco ao mundo da MAXIA e o ILUSIONISMO. Asistirás a unha sesión especial de maxia sorprendente e o mago posteriormente desvelarache os seus segredos.

 Que vou aprender?

Neste curso aprenderás sinxelos segredos que sorprenderán a todos. Non só aprenderás o truco senón tamén aprenderás as técnicas necesarias e o máis importante: COMO PRESENTAR Os XOGOS.

 Necesito algo especial para aprender?

Non necesitas nada, só GANAS DE VER E APRENDER MAXIA E ASISTIR os días do curso.

 Vou ser meigo de verdade?

Galego

AnimandoNós

Obradoiro de animación audiovisual a partir das láminas de Nós.

Valéndonos das imaxes do álbum Nós de Castelao e atendendo ao seu estilo e capacidade de síntese, os participantes do obradoiro tratarán de reproducir o trazo da súa obra utilizando os medios audiovisuais para realizar unha pequena curta de animación en stop-motion.

Galego

Carautas

Obradoiro de expresión corporal e plástica a partir da obra Os vellos non deben de namorarse e o álbum Zimbo.

Xogando con máscaras e marionetas utilizaremos a súa simboloxía na que se fusionan traxedia e comedia para representar diversas situacións que aparecen na obra de Castelao e no álbum Zimbo no que se retrata a histoira da loita pola liberdade dunha marioneta que quere desfacerse dos fíos que dirixen as súas accións.

Galego

Creando no Nadal

O Nadal está achegándose e con el é tempo de pensar que ofrecer as personas do noso entorno. Que mellor idea que regalar algo feito por un mesmo. Obradoiro deseñado para o desenvolvemento da creatividade mediante o emprego de diferentes materiais, dando forma a diferentes agasallos pensados para o Nadal.

Na sala multiusos, para 20 nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro