Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Ti tamén podes facer divulgación científica

Que vén á túa mente cando pensas nun científico?, se te imaxinas a unha persoa con bata branca, distraída e absorta na resolución dos seus problemas...caíches na percepción estereotipada e errónea que se ten dos científicos! A miúdo pensamos nos científicos como persoas que viven illadas, ata certo punto preocupadas, un pouco tolos, pero, iso si, moi intelixentes, case xenios, que fan un traballo moi complexo.

Galego

Ano internacional dos legumes

A declaración do Ano Internacional das Legumes 2016 por parte de Nacións Unidas ten, entre outros obxectivos, sensibilizar á poboación sobre as vantaxes nutricionais dos legumes. Neste contexto, e sabendo da importancia de fomentar accións de divulgación científica sobre as leguminosas, o Grupo de Investigación de Bioloxía de Agrosistemas da MBG propón as seguintes actividades nas que se busca a implicación das familias.

Galego

Non todo o que reluce é ouro

Obxectivos da actividade:  A vista pode enganarnos. Por iso, nesta actividade amosaranse efectos visuais que fan pensar se o que vemos é certo. Traballarase e experimentarase con enganos visuais, veranse contos en visión anaglifica, traballaremos con gafas 3D, experimentarase con realidade aumentada, e con hologramas....

Dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 10 anos

O número de participantes limitarase cun máximo de 14 persoas con inscripción previa, a partir do martes 25 de outubro.

Galego

Noite de reis

A través de varias linguaxes escénicas, neste taller investigarase sobre o texto, os personaxes, a interpretación, os movementos e o universo de Shakespeare na divertida, atrevida e inesquecible comedia amorosa The First Night of "Twelfth Night".

Taller gratuíto. Solicitudes mediante este formulario. Admisión por orde de petición. 

Galego

Observación do ceo nocturno con telescopio

Durante o mes de novembro celebramos o mes da Astronomía na biblioteca con varios obradoiros a cargo do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC no marco do programa TODOCOSMOS e financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

Observación nocturna dos astros con telescopio no exterior da biblioteca, precedida dunha explicación do que se vai observar. Se as condicións metereolóxicos non son favorables, trasládase a outro día.

Requírese inscrición previa, máximo 50 persoas.

Galego

Entre libros anda a maxia

Para nenos e nenas a partir de 3 anos. Entre libros anda a maxia. Ilusión, risas e libros xunto ca diversión para toda a familia. Coa participación dos nenos e nenas que queran ser axudantes da maga e facer que todos e todas o pasen moi moi ben.

Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia

Galego

Os nenos xogamos co ioga

Da man do voluntario, Xosé Carlos Caramés, os rapaces e rapzas coñecerán de xeito lúdico esta disciplina que potencia a atención e a memoria, mellora a concentración, fortalece o carácter, mellora o rendemento.

Para rapaces de máis de 7 anos. Prazas limitadas. Só é preciso traer roupa cómoda e unha botelliña con auga.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro