Coleccionar polos dedos
Dirixido por Celso Fernández Sanmartín
Para nenos e nenas de 10 a 12 anos
Do 26 ao 29 de xullo / 11:00-13:00 / 20 prazas

Dirixido por Celso Fernández Sanmartín
Para nenos e nenas de 10 a 12 anos
Do 26 ao 29 de xullo / 11:00-13:00 / 20 prazas
Dirixido por Mateo Mena
Para nenos e nenas de 7 a 9 anos
Do 19 ao 22 de xullo / 11:00-13:00 h / 20 prazas
Círculo tecnolóxico é un proxecto situado na intersección entre a arte, a ciencia e a reciclaxe. Transformaremos os materiais que compoñen diversos residuos tecnolóxicos en imaxinativos e innovadores instrumentos musicais electrónicos. Traballando áreas específicas como a creatividade, a educación ambiental ou a imaxinación, nun ambiente de experimentación colectiva que combina arte e ciencia a partes iguais.
Dirixido por Javier Trigales
Para nenos e nenas de 12 a 14 anos
Do 12 ao 15 de xullo / 11:00-13:00 h / 20 prazas
O cinema fantástico e de terror é un dos xéneros máis libres e creativos da sétima arte. Neste taller, a través de escenas de películas, series, debuxos animados e curtas, aprenderemos os rudimentos dun guión: a súa linguaxe, estrutura, personaxes, diálogos, actos e finais. Todo coa finalidade de identificar que converte unha imaxe en arrepiante e crear entre todos un guión de curtametraxe.
A técnica de stop motion é un método de animación que consiste en finxir o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas tomadas da realidade. Resulta moi atraente para os nenos e nenas, xa que están máis familiarizados coa animación e posúen unhas características plásticas cargadas de tactilidade.
Dirixido por Misha Bies Golas
Para nenos e nenas de 4 a 6 anos
Do 5 ao 8 de xullo / 11:00-13:00 h / 15 prazas
Os cabezudos, as máscaras e os monicreques foron e seguen a ser un tema elixido por moitos artistas de diversas épocas como Rodchenko, Bárbara Stepanova, Miró, Paul Klee, Picasso, Sophie Taeuber-Arp, Joaquín Torres García ou Laxeiro.
Experiencia con grande repercusión nas redes sociais onde se mestura creación, espazos e mensaxes (lipdub).
A música, a expresividade e o grupo constrúen un divertido vídeo de características moi especiais. Boa escusa para que o audiovisual saia da biblioteca e a xente quede nela.
Esta actividade forma parte de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Como todos os anos coa chegada do verán, a Biblioteca celébrao cos mais pequenos e pequenas cos Obradoiros de Verán 2016, a cargo de Anias:
De 4 a 7 anos: grupos de 25 nenos/as
Os mércores (5,12,19 e 26) de xullo de 11:00 a 12:30 h
Os mércores (9,16,23 e 30) de agosto de 11:00 a 12:30 h.
A Cidade da Cultura propón facer de todos os martes de xullo un laboratorio de creatividade para os máis pequenos. Será a través dos obradoiros Deseños minúsculos, valores maiúsculos, cos que buscamos potenciar a curiosidade dos nenos polo deseño, estimular o seu talento creativo e sacar a relucir as súas aptitudes artísticas da man de destacados profesionais da ilustración, a artesanía, a moda e o deseño.
Máxicas mandalas na historia, instantes únicos no tempo que nos introducirán nas máis engaiolantes historias a base de intrigas, sorpresas e cor.
Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Co gallo do Día Internacional dos arquivos os técnicos do Arquivo do Reino de Galicia queren achegar o seu traballo aos cidadáns, a través dos fondos de titularidade privada custodiaados no arquivo
15 persoas por taller. A selección farase por orde de chegada das solicitudes. As persoas interesadas deben cubrir o formulario de inscrición e remitilo ao correo: arq.reino.galicia@xunta.gal ou ao nº de fax: 881 960 374