Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

María Zambrano e a razón poética

Esta primeira sesión de Nexos infantil descubrirá á María Zambrano autora, a súa vida e a súa obra. Os participantes lerán fragmentos dos seus poemas e, a partir do seu universo literario, a súa figura e relevancia nas letras, as súas obras e a súa biografía, crearase un mural colectivo descritivo no que se incluirán novos poemas realizados polos nenos a partir dos seus versos.

Galego

Conmemoración do 8 de marzo - Árbore de mulleres, Muller árbore

Conmemoración o Día Internacional da Muller traballadora, 8 de marzo, enchendo unha árbore coas tarxetas creadas no propio taller, facendo unha homenaxe a mulleres galegas e entre elas, ás mulleres máis próximas, a da familia, amigas, etc. 

A cargo de Elena Portomeñe, participante do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Máximo 8 participantes

Galego

Home, sweet home

Este obradoiro  céntrase nas partes e obxectos da casa, e nel  traballaranse tamén as preposicións de lugar. Para desenvolver os contidos empregaránse xogos variados con tarxetas, pósters e peluches

Galego

Letras capitulares

No marco da viaxe polo mundo da Imprenta que está a realizar a Biblioteca de Galicia, o obradoiro Letras capitulares pretende achegarlle aos nenos e nenas que son estas figuras, convidándoos a crear os seus propios deseños para logo adornalos con pinturas de cores e témperas.

Galego

Elaboración de papel e impresión

A Biblioteca de Galicia pon en marcha catro obradoiros sobre A Imprenta, nos que os participantes poderán coñecer o proceso de elaboración de libros no século XV, ver o paso da escritura manuscrita á imprenta e utilizar diversas técnicas creativas así como dar renda á creatividade persoal.

Elaboración de papel e impresión será o primeiro obradoiro, no que os participantes elaborarán unha pasta para realizar lenzos de papel reciclado. Ademais, faremos impresión de debuxos e figuras nunha base de linóleo cunha prensa.

Galego

Obradoiro de maxia

Obradoiro de maxia, a cargo de Leo Leíño. É necesario que cada rapaz traia a súa baralla de póker.

Neste obradoiro, os nenos e nenas aprenden os seus primeiros trucos de ilusionismo e fans unha historia máxica coa nosa baralla de póker.

 

Galego

Lembrando a Rosalía - Celebración aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

A cargo de María Elena Portomeñe, participante do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, para nenos e nenas de 7 a 12 anos. Obradoiro de manualidades onde se levan a cabo broches coa estampa de Rosalía para celebrar o seu aniversario.

Precísase inscrición previa. Máximo 8 participantes. Prégase presentarse 10 minutos antes do inicio da actividade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro