Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Crea o conto multimedia do Apalpador: Obradoiro

Actividade en dúas sesións (17 e 22 de decembro) a cargo de IMAXIN, na que a través da plataforma online Mydocumenta permitirá aos participantes crear, publicar e compartir contos multimedia sobre o Apalpador. A cargo de Imaxin, para nenos de 7 a 10 anos. Precísase inscripción previa, máx 12 participantes. Prégase chegar 10 minutos antes do comezo da actividade

Galego

O Sistema Solar: obradoiro de Astronomía

Faremos un móvil cos corpos celestes que forman o Sistema Solar mentres nos contan os seus componentes e características. Actividade a cargo de Silvia Codesido, estudante de prácticas de Animación Sociocultural do IES “Pontepedriña, e Raquel Vázquez e Nerea Gómez, estudantes en prácticas de Animación Turística do IES “Rosalía de Castro”, para nenas e nenos de 6 a 10 anos. Precísase inscrición previa, máximo 10. Prégase presentarse 10 minutos antes do inicio da actividade. Duración 90 min.

Galego

Creando no Nadal

Ata onde pode chegar a imaxinación dos nenos e nenas  no Nadal? Na Biblioteca Pública de Lugo teñen a oportunidade de realizar diversas manualidades orixinais e creativas relacionadas con estas festas.

Na sala multiusos, para nenos e nenas de 4 a 12 anos. É preciso apuntarse, 20 prazas.

Galego

Martiño alumea o medievo

Quén mellor que o mesmo Martín Códax para descubrir a literatura medieval? O propio xograr achega aos participantes a esta etapa literaria e le algunha das súas cantigas.

Posteriormente, axuda aos participantes a practicar distintos tipos de letras co que realizar un documento medieval e iluminalo.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

 

Galego

Banquete nun castro

Que comían os galegos hai máis de 2000 anos? Como podería ser un banquete nun castro? Imos viaxar coa imaxinación por diferentes pratos do menú dun castro galego. Descubriremos, e tamén descartaremos, aqueles alimentos que poderían ter comido e como e onde puideron cociñalos. Todo, apoiándonos nas evidencias e pistas que nos ofrece a arqueoloxía. Mesmo tomaremos contacto con auténticos obxectos arqueolóxicos relacionados coa alimentación castrexa.

Galego

Sal de mesa nos océanos

Cando estamos sentados á beira do mar observamos unha inmensidade de auga que as veces se move, vemos ondas, a marea que sube e baixa... pero que pasa nas profundidades?... Que pasa máis aló do que ven os nosos ollos? Pensaches algunha vez na sal que tes na casa, a que se usa para cociñar? A sal de mesa é normalmente mariña, de feito a auga do mar é salgada pero... é igual de salgada noutros lugares? E que pasa coa temperatura? É a mesma en Galicia que no Polo Norte?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro