Le Corbusier. A arquitectura en cinco puntos
O arquitecto Fermín Blanco, a través do equipo didáctico de Sistema Lupo, propón unha serie de talleres de arquitectura dirixidos ao público infantil. O obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as claves necesarias para interpretar a arquitectura contemporánea mediante o legado das figuras máis relevantes do noso tempo neste eido. O arquitecto David Acuña e a artista Rebeca Mariño introducirán os participantes no apaixonante mundo da arquitectura contemporánea.

