Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Nexos infantil 2016

Nexos volve prestar especial atención aos máis pequenos, aos que introducirá nos diferentes aspectos da vida que se inclúen no ciclo a través de actividades lúdicas e didácticas coas que aprender xogando. Dirixida a nenos de Primaria –de 5-6 a 11-12 anos-, cada sesión artellarase baixo a fórmula: ler, facer, falar.

Galego

Nexos infantil: A revolución dixital e a nova humanidade

Os nativos dixitais pasarán ao analóxico. Ese é o reto desta nova sesión de Nexos infantil, na que os nenos descubrirán como eran os procesos previos á revolución dixital: dende a realización dun retrato pictórico, dunha fotografía e una impresión, ata como contactar con alguén sen móbiles nin internet. 

Despois centraranse no cambio que as novas tecnoloxías supuxeron para a vida cotiá e farase unha exposición cos resultados dos traballos manuais.

Obradoiro de balde, previa inscrición.

Galego

Onde está o inverno?

A educadora Clara Rodríguez Márquez imparte un taller onde os participantes poden experimentar coas palabras e a natureza. Partindo da obra de Javier Vallhonrat e da contorna do CGAC, observan as transformacións e os fenómenos naturais máis próximos a eles. Procuran cos cinco sentidos as pegadas que o inverno deixa a cada paso que dan e, unha vez atopado o instante, expresarano coa arte de nomear a natureza: a poesía (poesía visual e haikus). Contemplar, crear poemas, inventar palabras, rimar e ilustrar.

Galego

Cambio de planos!

A partir da exposición de Javier Vallhonrat, Interaccións, a artista María Meijide propón realizar un mapa persoal baseado nos cadernos de viaxe. Tras un paseo polo museo cargados de pinturas e cadernos, os nenos e nenas tratarán de levar a cabo unha cartografía íntima do percorrido. Tamén Vallhonrat amosa, no seu último traballo, itinerarios interiores a través de paisaxes exteriores. O noso será un mapa emocional que atenda ao que os espazos visitados e as obras expostas lle evocan a cada un dos participantes.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro