Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

O meu videoclip 2014

Escolle a túa canción, fai unha coreografía, idea un fondo e a gravar. Este Nadal propoñémosvos ser os protagonistas do voso propio videoclip. Prepararemos uns fondos, xogaremos co croma, aprenderemos os pasos de baile e ata faremos playback para dar lugar a un dos mellores vídeos do 2014 que, por suposto, enviaráseche a casa para que poidas compartir con amigos e familia.

+ info: https://www.cidadedacultura.org/gl/evento/o-meu-videoclip

Galego

Cine de plastilina

O Museo Centro Gaiás convértese este Nadal nun auténtico plató de cine… de plastilina. Coincidindo co 25 aniversario de Sempre Xonxa, a xa mítica película de Chano Piñeiro e pioneira do cinema galego, os participantes neste obradoiro modelarán en plastilina e darán vida aos seus personaxes para crear unha película en stop motion.

Un divertido obradoiro co que os máis  pequenos achegaranse aos inicios do cinema galego mentres os seus pais revivirán escenas míticas da nosa historia audiovisual.

Galego

Baile de xogos

Cal é unha das actividades que máis nos gusta facer? Xogar. E cal é un dos símbolos da cultura en Galicia? A música e as danzas tradicionais. Podemos xuntar as dúas cousas nun mesmo obradoiro? Claro! 

Da man de Edith Cotilla Quintela e Gustavo Couto Rodríguez descubriremos unha chea de xogos cos que introducirnos no baile tradicional por medio de pasos e figuras sinxelas para rematar nunha sesión de xogo-baile colectiva na que gozar en familia.

Galego

Dálle á manivela polo Nadal

Crear melodías máxicas con só facer xirar unha manivela. Esta é a proposta do músico Germán Díaz, mestre da zanfona, un instrumento co que é capaz de espertar as emocións máis profundas. 

Este Nadal, nenos e adultos teredes a oportunidade de compartir tres horas con este músico para levar a cabo a fermosa tarefa de compoñer unha peza musical que poida ser interpretada por un dos instrumentos de manivela da súa colección.

Galego

Preparando os nosos agasallos: obradoiro de manualidades

Obradoiro de manualidades no que aprenderemos a facer bolsas, caixas e envoltorios para os agasallos destas festas, a cargo de Elena Portomeñe, participante do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, e Silvia Codesido, alumna en prácticas do IES “Pontepedriña”. Para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Precísase inscripción previa, máximo 8. Prégase presentarse 10 minutos antes de que empece a actividade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro