Troquelando contos
O obxectivo deste obradoiro é fomentar a habilidade creativa despois de ler e comprender un conto ou relato da nosa tradición oral. Para iso pasarémolo a papel cartón, creando unha imaxe en tres dimensións para que os participantes poidan entender o proceso de pasar a linguaxe plástica tridimensional un libro de tradición oral. Cada participante creará o seu propio libro de autor.
Público: de 6 a 12 anos
Duración: 90 minutos
Prazas: 20
De balde, precisa inscrición na web

