O fío da Historia
O fío da historia constrúe unha ponte entre as imaxes do álbum Nós de Castelao e o álbum Caixa de cartón que serve de base para a creación plástica e literaria.

O fío da historia constrúe unha ponte entre as imaxes do álbum Nós de Castelao e o álbum Caixa de cartón que serve de base para a creación plástica e literaria.
Obradoiro de expresión corporal e plástica a partir da obra Os vellos non deben de namorarse e o álbum Zimbo.
Xogando con máscaras e marionetas utilizaremos a súa simboloxía na que se fusionan traxedia e comedia para representar diversas situacións que aparecen na obra de Castelao e no álbum Zimbo no que se retrata a histoira da loita pola liberdade dunha marioneta que quere desfacerse dos fíos que dirixen as súas accións.
Obradoiro de lectura e xogo a partir das láminas de Nós e o álbum A pota que trota.
Escenificaremos o conto "The Elf's inventions" e haberá bailes, panxoliñas e unha gran festa de Nadal. Aforo limitado. É necesario recoller invitación en Kids&Us ou na Biblioteca a partir do 14 de decembro.
O Nadal está achegándose e con el é tempo de pensar que ofrecer as personas do noso entorno. Que mellor idea que regalar algo feito por un mesmo. Obradoiro deseñado para o desenvolvemento da creatividade mediante o emprego de diferentes materiais, dando forma a diferentes agasallos pensados para o Nadal.
Na sala multiusos, para 20 nenos e nenas de 4 a 12 anos.
É tempo de pensar que ofrecer as persoas do noso entorno. Que mellor idea que regalar algo feito por un mesmo e levar a casa creacións únicas e personalizadas. Poderán participar 15 persoas.
Mergúllate no mundo das reaccións químicas. Produce o teu propio CO2, e reutilizao para inflar un globo sen soprar. Apúntaste?.
Antes de despedirnos. atrévete a deseñar a túa propia moléula e proba a formar palabras co Quimigrama... Tamén haberá sorpresa....shhhh
Dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 8 anos
O número de participantes limitarase cun máximo de 20 persoas con inscripción previa, a partir do martes 14 de novembro.
Na planta baixa da biblioteca (en información), de 9:00 a 20:30 h. e por Telf.: 886 159 250.
Duración da actividade: 90 minutos.
Fatiropina, voluntaria da biblioteca polo programa Bibliovol, achega aos pequenos de 6 a 12 anos ás técnicas de debuxo e pintura coas que desenvolver a súa creatividade. Mércores alternos ás 18 horas.
Actividade que achega aos rapaces e rapazas á Ciencia por medio de experimentos sinxelos e divertidos. A cargo de Greta e David.
Para nenos e nenas de 7 a 12 anos. Inscrición previa.
Martelena achéganos á figura dun dos xenios da literatura universal.Para nenos de 7 a 12 anos.