Arte nos libros!
Imaxes artísticas, lecturas e actividades plásticas conforman estes divertidos obradoiros nos que os rapaces observan, dialogan, xogan e crean a partir de imaxes artísticas e textos literarios e establecen divertidas conexións entre artes visuais, a literatura, a historia e mesmo a ciencia. Todo isto a través de seis personaxes imprescindibles. Como para non descubrilos a través dos libros!
Obradoiro lúdico dentro do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Nenos e nenas: 5 a 14 anos e familias

