Obradoiro

Obradoiro de verán
Obradoiro práctico para coñecer as técnicas de confección das redes de pesca e os distintos tipos de artes.
Impartido pola redeira Consuelo Martínez
Para persoas maiores de 8 anos
e menores acompañados
Observación nocturna do ceo
En colaboración coa Asociación Astrovigo
Poderemos observar as Perseidas e a Lúa, satélites e planetas se a meteoroloxía o permite.
Punto de encontro no Museo Massó.
Obradoiros de verán
Ángeles Alvariño foi unha destacada oceanógrafa, zoóloga e profesora española necida en Ferrol no ano 1916 precursora na investigación oceanográfica mundial.
A actividade consiste en contar a historia como un conto, facendo fincapé no estudo que realizou sobre a alimentación das baleas, mentres un debuxante vai ilustrando o conto sobre a marcha facendo os debuxos nun gran blogue.
Centenario de Camilo José Cela
Trátase dun obradoiro literario e plástico, no que se traballará coa novela La colmena deste gran autor gañador do Premio Nobel de Literatura, do que se celebra o centenario do seu nacemento. A través das personaxes, escenarios e situacións, Cela retrata a realidade social dunha época da historia española caracterizada pola miseria, polos seus contrastes, pola súa frustación e incerteza propias da posguerra.
A maxia da fotografía
Neste obradoiro os participantes coñecerán a maxia da fotografía e aprenderán as marabillas do seu mundo. Crearán a súa propia cámara escura a partir de elementos tan sinxelos como unha caixa, con ela estudaremos o mundo da luz como fenómeno físico, de maneira que unha vez abramos o obxectivo e volvámolo a pechar, pasaremos a un cuarto escuro onde revelaremos o papel fotográfico introducido na nosa cámara; descubrindo deste modo un proceso químico sinxelo de oxidación, que deu paso á revolución da fotografía dixital.
Público: de 7 a 12 anos
Horario: de 17:30 a 19:00 h
Stop-Motion
A técnica de stop motion é un método de animación que consiste en finxir o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas tomadas da realidade. Resulta moi atraente para os nenos, xa que están máis familiarizados coa animación e posúen unhas características plásticas cargadas de tactilidade.
BPOU-scout da biblioteca
Diversión e aprendizaxe da man de Iria Parras os martes 2, 9, 16 e 23 de agosto. Para rapaces de 7 a 11 anos. Prazas limitadas.
Obradoiro de achegamento á música antiga
Benito Buíde, Nerea Casanova, Víctor Illán, Pablo Ruibal
Modera, Andrés Díaz
Algunha vez pensaches a que soa un cadro? Como soarían as escenas musicais que tantas veces vemos reproducidas nos libros ou contemplamos nos museos de todo o mundo? Que instrumentos son os que se reproducen, en que contexto se tocaban, en que espazos? Que contan eses cadros ademais do que percibimos pola vista?
Telearqueoloxía
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 230
- 231
- 232
- 233
- 234
- 235
- 236
- 237
- 238
- …
- seguinte ›
- última »