Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A maxia da ciencia

 A maxia e a ciencia fúndense para mostrar o lado asombroso e divertido do coñecemento.

Actividade visual e didáctica sobre química, física, matemáticas e bioloxía. Inclúe datos curiosos, descubrimentos e inventos.

Vén coñecer a posibilidade e perspectivas de chegar a ser un verdadeiro científico!

Para público familiar. 

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contando coa ciencia

A ciencia está presente no noso día a día e tamén nos contos. Neles aprendemos que se xuntamos dúas cores primarias conseguimos unha nova cor, pero se xuntamos auga e aceite non poderemos mesturalos. Ven escoitar os nosos contos de ciencia. 

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos de hai moito, moito tempo

 Hai moito, moito tempo, os pastores convertíanse en reis, os paxaros podían falar, había cabalos voadores e sementes que brotaban en menos dun día... Eran tempos de encantamentos e feitizos onde non había imposibles. Hoxe tamén é tempo de maxia e contos. 

Para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Proxecto regueifesta é patrimonio: a regueifesta e a festa como patrimonio da xente nova

Participan o alumnado regueifeiro dos IES Maximino Romero de Lema, de Baio, o Marco do Cambalhom, de Vila de Cruces e as Regueifeiras da Escola Semente. 

É o acto de presentación da Regueifesta 2018‐2019 no que se anuncia a programación deste ano que adicará especial atención ao patrimonio inmaterial e ao recoñecemento ao traballo de escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo Antonio Fraguas Fraguas a quen se lle adica o Día das Letras Galegas 2019.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Os contos que me contan

Conmemoramos o Día das Librarías con esta sesión de narración oral para público adulto.

"Os contos que nos conta alguén e que nós escollemos para contar teñen unha orixe. Ás veces naceron tanto tempo atrás que se perden na néboa da memoria, pero en ocasións permanecen agochados entre as páxinas dun libro ata que collen folgos nas nosas palabras. Quen os escoita debería saber onde atopalos, por se os precisa. Nesta sesión, cada conto remite a unha persoa e a unha recomendación literaria".

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

O rato canguro

O rato Fuco visita a biblioteca en compañía dun bebé ao que ten que coidar. En Lonxedetodo, comunidade igualitaria onde viven os ratos e ratas de biblioteca, os coidados non son exclusividade destas últimas.

A Fuco  tocoulle hoxe coidar dun bebé. Trátase de Cochín, un cerdiño fillo duns amigos que hoxe van saír a cear e necesitaban a alguén que lles queda co seu fillo.

A merenda, o cambio de cueiro serán tarefas que mal que ben, Fuco fará esta tarde. Tamén contará contos de cerdiños, que son os favoritos de Cochín.

Nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral