Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Contos de inverno

Con ilustracións e palabras temos imaxes para os sentidos: cando o frío conxela o nariz, o vento abanea as orellas e a chuvia peta nas tempas, hai contos que aquecen o corpo e o maxín co sabor a chocolate. 

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. 

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Un bosque na maleta

Brais dos bosques, o “mouro Moure", chega á biblioteca cun bosque dentro dunha maleta inzada de variñas máxicas de teixo e sobreira, trasniños, carrabouxos, meigas, magas, vasoiras voadoras …, para viaxar ate soutos e fragas aprendendo a nadar entre as árbores a xeito dun baño de bosque. 

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. 

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos no ar

Esta é a historia dun cazador de contos, Peter Hamelin Merlín tamén chamado “Ti”.

Os contos son como bolboretas ou avionciños de papel, hainos grandes e pequenos, hai bolboretas amarelas e contos alegres, hai bolboretas negras e contos tristes, e todos voan por ese marabilloso Mundo das Ideas, no País dos Contos que podedes atopar cando pechades os ollos e pensades...
“Ti” caza contos e ponos en gaiolas que el mesmo fai coas palabras e así, entrégallos a nenos e nenas que abrirán as gaiolas para que saian voando as historias.

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. 

Galego

Rapuncel e o partido de fútbol

Iago López será o encargado desta sesión de contacontos para nen@s de 4 a 6 anos.

A Princesa Rapunzel abúrrese no seu mundo rosa, a ela o que lle parece moi divertido é ir a xogar ao fútbol no país azul ....

Precísase inscrición previa que se pode facer coma sempre chamando aos teléfonos 988 788 385 / 988 788 386

Galego

Nadal no Gaiás

A maxia do Nadal apoderase da Cidade da Cultura e a converte nunha pequena gran urbe de conto, chea de casas, personaxes e figuras creadas con globos ao abrigo do Museo Centro Gaiás.
OBRADOIROS: 
Neste espazo, a cativada contará con diferentes tipos de obradoiros, tamén de balde, para que pequenos e pequenas cren e elaboren por eles/elas mesmas (axudados e guiados sempre por monitores) os adornos que colgarán na xigante árbore de Nadal. Ademais, tamén contará cun espazo de creación libre para que deseñen unha postal de nadal.

Galego

The Elf´s Inventions

Kids&Us invítate á hora do conto en inglés!

As Storytimes son representacións teatrais 100% en inglés que conteñen distintos personaxes, cancións e material complementario.

O centro Kids&Us encargarase de toda a xestión do espectáculo. Tanto dos actores como dos axudantes teñen un dominio total do inglés e grandes habilidades escénicas.

O espectáculo está aberto a todo o público e é de balde.

Papá Noel está preocupadísimo:   

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral