Recital de cello e piano: Alban Gerhardt e Edith Peña
Shostakovich, Shumann e Schubert son os compositores elexidos para este concerto especial da tempada.
Shostakovich, Shumann e Schubert son os compositores elexidos para este concerto especial da tempada.
Baixo a dirección de José Trigueros, e con Pablo Amorós ao piano, desfrutaremos de "Noches en los jardines de España", de M. de Falla, "Preludio a la siesta de un fauno", de C. Debussy e "Sinfonía Sevillana", de J.Turina.
A Orquestra 430 presenta a súa primeira actuación da tempada 2022/23 titulada ‘Múltiples resonancias’, no que poderedes gozar do virtuosísmo do Grimm Duette, tanto en obras para dous violíns solo como no celebérrimo octeto de Mendelssohn ou no fermosísimo ‘Amitié’ do mítico violinista belga Ysaÿe.
Ademáis do Grimm Duette, formado por Francisca Portugal & Natálie Kulina, gozaredes tamén con outros membros da orquestra como María Florea, Mario Péris, Andrei Stanciu, Yuliya Storonska, Emma Rotomeza, Karine Vardanian, Anastasia Averianova, Margarida Mariño e María Servera.
Con motivo da finalización da exposición «Chacona. A canción de Santiago», o Museo das Peregrinacións e de Santiago, da man de Fernando Reyes, comisario e director de RESONET, presentan un audiovisual para despedir a mostra.
Contaremos coa presenza de Mercedes Hernández, soprano, quen realizará un pequeno concerto de chaconas.
Terá lugar o vindeiro venres, 28 de outubro, ás 19:00 horas, no Museo das Peregrinacións e de Santiago (Praza de Praterías), en Santiago de Compostela.
Un século pasou dende que se alcanzou a máxima perfección estética no cine mudo, desembocando nunha ardua transición, que daría cabida á palabra do cine sonoro. A música sempre foi o elemento que formou parte nesta dicotomía do sétimo arte, aportando unha insubstituíble e potencial expresión ó desenvolvemento da acción.
O Auditorio de Galicia acollerá un dos concertos máis agardados de cada temporada, no que a Real Filharmonía acompaña unha película do ciclo de Cineuropa. Nesta ocasión será no centenario da película *Foolish Wives do director Erich von Stroheim coa estrea en Europa da restauración da película e da música composta por Timothy Brock, quen dirixe a orquestra nesta ocasión.
Concerto de David Catá para piano e cuarteto, inspirado nas fotografías da exposición "10 anos en Daca", de Santiago Fernández Mosquera.
A través dos relatos das fotografías da exposición "10 anos en Daca", o artista David Catá ofrecerá na Biblioteca Ágora un concerto para piano e cuarteto (frauta, dous violíns e violonchelo).
Na liña de traballo da Orquestra Galega de Liberación, presentamos un ensemble reducido de cuarteto de corda, percusión, e trío de ventos. Unha nova agrupación que continúa na senda da improvisación dirixida e da música contemporánea, como campo de experimentación sonora e musical.
Ficha artistica:
Elena Vázquez, violín
María José Pámpano, viola
Macarena Montesinos, violoncello
Saúl Puga, Contrabaixo
Diego Alonso, saxo soprano
Xosé Miguélez, saxo tenor
Javier Pereiro, trompeta
LAR Legido, batería e percusións
El Eco estará acompañado pola Coral do Sporting Club Casino e pola Asociación de Coros e Danzas Eidos.
É unha orquestra formada por 19 músicos e 4 cantantes nun formato clásico de big band (4 trompetas, 4 trombóns, 5 saxofones, batería, contrabaixo, guitarra, piano, percusión e outros instrumentos segundo as esixencias do repertorio).
A música que interpreta a orquestra está baseada nun repertorio de temas clásicos dos anos 30 e 40 , época dourada das grandes orquestras de swing en Estados unidos e os grandes musicais.
A dirección da orquestra recae en mans de Roberto Somoza, que se encarga tamén dos arranxos musicais, deseñados especificamente para esta formación.