Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Garufa Blue Devils BigBand

É unha orquestra formada por 19 músicos e 4 cantantes nun formato clásico de big band (4 trompetas, 4 trombóns, 5 saxofones, batería, contrabaixo, guitarra, piano, percusión e outros instrumentos segundo as esixencias do repertorio).

A música que interpreta a orquestra está baseada nun repertorio de temas clásicos dos anos 30 e 40 , época dourada das grandes orquestras de swing en Estados unidos e os grandes musicais.

A dirección da orquestra recae en mans de Roberto Somoza, que se encarga tamén dos arranxos musicais, deseñados especificamente para esta formación.

Galego

Ensemble, Clave e Coro Vox Stellae

Director Luís Martínez

SOPRANOS Aida Cruz, Aida López,       ALTOS Óscar Mato, Martín Viaño
Cecilia Rodríguez
TENORES David Ferreiro, Diego Neira   BAIXOS Lucas López, Felipe Sar
CORNETO Ana Pazos                             FAGOT Álex Valcárcel
VIOLONCELO Daniel Canosa              CONTRABAIXO Francisco Alonso
GUITARRA BARROCA Uxía Delgado    CLAVE Erea Blanco
PERCUSIÓN Marcos Mato

Galego

ELGAR – Orquesta Clásica de Vigo

O concerto para violoncelo e orquestra, composto en 1919 por Edward Elgar, é unha das pezas máis recoñecidas para este instrumento, sobre todo tras o paso na década dos anos 60 do século anterior polas mans Jacqueline du Pré, a artista que elevou esta obra á súa categoría actual. Este concerto trata sobre unha obra complexa, visceral e única que será interpretada polo solista Guillermo Pastrana.

Galego

Sergey Arutyunyan ensemble

Nesta ocasión teremos a oportunidade de escoitar un repertorio máis clásico, con obras de  Albinoni, Bach, Pergolesi, Marcello e Vivaldi, da man dun conxunto de grupos de talla internacional procedentes de San Petersbugo e Portugal capitaneados polo prestixioso violinista Sergey Arutyunyan. 
Larissa Shomina (violín), Alexander Arutyunyan (violín), Bruno Miguel Pinheiro Fernándes (violoncello ) e Paulo Areias (obóe)
Sen dúbida unha boa oportunidade para os amantes da música clásica contar na nosa localidade cun concerto destas características. 

Galego

Recital de ópera e zarzuela á luz das velas - Monserrat Martí Caballé

Montserrat Martí segue a acha da súa nai, a lendaria soprano Montserrat Caballé. Acompañada polo barítono Luís Santana, e o pianista Víctor Carballo, presentará en Ferrol un recital de ópera e zarzuela con fragmentos de obras de Giuseppe Verdi, Gaetano Donizetti, Gioachino Rossini, Wolfgang Amadeus Mozart, Fernando Obradors, Manuel de Falta, Manuel Penella, Gerónimo Giménez, José Serrano e Federico Moreno

Galego

Wagner. Mulleres e deusas

Primeiro Concerto da nosa tempada, Wagner. Mujeres e Deusas que se celebrará no Auditorio do Teatro Afundación o 1 de outubro ás 20,00 horas. No mesmo, Maribel Ortega Brünnhilde (Siegfried) e Helmwige  (Die Walküre) en Oviedo e Senta (Der fliegende Holländer) en Santiago de Compostela e Vigo fará un repaso da presenza feminina na obra de Richard Wagner.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica