Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Desde Gales

Unha directora nova, a inglesa Sian Edwards, dirixe un flamante concerto para arpa de Catrin Finch (que se estrea en España) interpretado por Alba Barreiro, nun programa que xunta as terras gaélicas de Galicia e Gales -música do galés Alun Hoddinott, e a sinfonía gaélica de Amy Beach-, coa primeira sinfonía dunha muller estadounidense.

Sian Edwards, directora
Alba Barreiro, arpa

Galego

A Noite e o Amor

A Real Filharmonía de Galicia interpretará tres novas pezas de estrea mundial, da compositora galega Carme Rodriguez -son novas orquestracións de cancións doutra muller que debería escoitarse moito máis, a compositora franco-irlandesa Augusta Holmès-. Serán cantadas por Natalia Labourdette, gañadora do concurso de canto da Asociación de Amigos de ópera de Santiago. No mesmo programa, Alban Berg, e a terceira sinfonía de Brahms, dirixida por Marc Leroy Calatayud.

Marc-Leroy Calatayud, director
Natalia Labourdette**, soprano

Galego

Iluminacións

A principal directora convidada da Real Filharmonía de Galicia, Joana Carneiro, dirixie un programa coa soprano María Hinojosa Montenegro, protagonista da ópera de Fernando Buíde ‘A Sombra de Cristal’, cantará as iluminacións de Britten e a cuarta sinfonía de Mahler.

Joana Carneiro, directora
María Hinojosa Montenegro, soprano

Galego

Xogo de espellos. Unha ollada a través da música electrónica

avier Otero, pianista e artista experimental, presenta o seu novo proxecto “Saraiba” para piano e electrónica xunto coa Real Filharmonía de Galicia. Unha aposta pola estética actual, con influencias da natureza e da vida cotiá. Abrir as fiestras para osixenarse e deixarse levar…

Javier Otero, composicións, piano e electrónica
Rubén Iglesias, baixo electrónico e sintetizadores

Galego

Paisaxe Barroca

Un dos novos directores que se estrea coa Real Filharmonía de Galicia nesta temporada 2022-23 é Jonathan Cohen, que dirixirá un programa barroca/clásico marabillosamente ecléctico con Vivaldi, Bach, Händel, Locatelli, Geminiani e Haydn.

Galego

Escoitando as Estrelas

Co novo ano, xunto a Real Filharmonía de Galicia poderán escoitar un mozo excepcional, o trombonista Peter Moore, solista da London Symphony, tocar un concerto de Jonathan Dove, xunto coa música da nova compositora estadounidense Jessie Montgomery, que se estrea en España, e outro contraste, a sexta sinfonía de Dvorak.

Paul Daniel, director
Peter Moore, trombón

Galego

Serenatas

O mestre Paul Daniel dirixe o seu derradeiro programa como director artístico da Real Filharmonía de Galicia nun concerto con obras de Dvorak, Strauus e Chaikovski.

Galego

Inspiración

Un programa ruso inspirará novembro dirixido polo mestre Paul Daniel co Poema de conto de fadas de Sofía Gubaidulina xunto coa novena sinfonía de Shostakovich e o terceiro concerto para piano de Rachmaninov interpretado polo extraordinario novo talento nado en Tel Aviv do pianista Tom Borrow.

Paul Daniel, director
Tom Borrow, piano

Galego

B.S.O.

O Auditorio de Galicia acollerá un dos concertos máis agardados de cada temporada, no que a Real Filharmonía acompaña unha película do ciclo de Cineuropa. Nesta ocasión será no centenario da película Foolish Wives do director Erich von Stroheim coa estrea en Europa da restauración da película e da música composta por Timothy Brock, quen dirixe a orquestra nesta ocasión.

Galego

Auga Salgada

A segunda de Beethoven terá protagonismo neste programa no que Maximino Zumalave dirixirá a estrea absoluta da obra Tra l’acqua salata do compositor galego Xabier de Paz. Jaime Naya será o solista ao violín.

Maximino Zumalave, director
Jaime Naya, violín

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica