Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Xemas Preciosas

Dentro do mini festival adicado a Beethoven no comezo da temporada, a Real Filharmonía de Galicia ofrece a primeira sinfonía do compositor alemán dirixida pola principal directora convidada, Joana Carneiro, da man dun concerto de acordeón do gran Richard Galliano interpretado pola solista galega Helena Sousa Estévez.

Galego

Referencias

A Real Filharmonía de Galicia celebrará o regreso tan agardado do gran pianista e compositor turco Fazil Say e no que se escoitará a estrea española da súa peza A mansión andante. Despois, Fazil tocará o fermosísimo concerto de Mozart en Do Maior núm. 21 e, a seguir, a orquestra interpretará unha das nosas músicas favoritas, a 7ª Sinfonía de Beethoven. Para garantir unha nova versión destas icónicas pezas conviadamos a un director cun gran futuro, Can Okan.

Galego

Festival Mare: Capercaillie Symphonic & Real Filharmonía de Galicia

Dende Escocia, a histórica banda Capercaillie, pioneira do renacemento da canción gaélica, protagonizará un dos grandes concertos desta edición do Festival Maré. Con máis dun millón de álbumes vendidos en todo o mundo e a exquisita voz de Karen Matheson no centro desta formación, a Capercaillie Symphonic unirase á Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Paul Daniel no espectáculo inaugural do festival, que volve a Compostela do 21 ao 25 de setembro.

Galego

Matinais Musicais: Arxis Ensemble

As obras de Hosokawa (Xapón), Scelsi (Italia), Saunders (Reino Unido-Alemaña), Pousadas (España) e do galego Miguel Matamoro son cinco formas de achegarse á comprensión da música de vangarda. En cada unha delas, o son dos instrumentos parece conxelarse, insinuar que hai corpos que vibran con eles, que o espazo se forma alredor da vibración dos corpos.

A música como un espazo escuro que sostén xestos, imaxes, retratos. Un son que se volve tanxible como a carne e visible como as sombras. Cinco grandes lenzos que confunden o ollo co oído.

Galego

Matinais Musicais: Lucía Martínez Cuarteto

A compositora e multi-instrumentista viguesa Lucía Martínez chega ao Gaiás para presentarnos o seu último traballo acompañada por tres músicos e amigos ?João Pedro Brandão, Pedro Neves e Carl Minnemann? cos que forma Lucía Martínez Cuarteto, un proxecto froito da amizade nacido na escola de Jazz no Porto hai máis de 12 anos.

O repertorio que interpretarán nas Matinais Musicais de outono, reunido baixo o título Calma e algo máis, é unha homenaxe ao momento presente, un convite para pechar os ollos e a respirar, buscando ese acougo que enche a vida de luz.

Galego

Matinais Musicais: Aruku- Caminar

Aruku- Camiñar abre as Matinais Musicais de outono da Cidade da Cultura transportándonos entre Xapón e Galicia. A fascinante voz de Ryoko Aoki, artista internacional que se desenvolve nun mundo fundamentalmente masculino, o do teatro Noh, ofrécenos a oportunidade de profundar nun estilo de canto único que forma parte dunha das manifestacións máis antigas e destacadas do drama musical xaponés. Ademais, a súa presenza en Galicia dará orixe a unha nova creación musical contemporánea para celebrar o irmandamento dos roteiros de peregrinación do Camiño de Santiago e o Shikoku Henro.

Galego

Joven Orquesta Nacional de Ucrania

ORQUESTRA NACIONAL DE UCRAÍNA (YsOU) fundouse en 2016 por iniciativa da directora ucraína Oksana Lyniv. A súa idea foi apoiada por tres institucións asociadas alemás: Beethovenfest Bonn, Bundesjugendorchester Deutschland e Deutsche Welle. Propúxose e implementouse un proxecto único: as primeiras actuacións do equipo ucraíno recentemente creado levaron a cabo xunto coa Orquestra Xuvenil Federal Alemá. Mozos músicos ucraínos e alemáns tocaron xuntos en catro concertos en agosto e setembro de 2017 en Lemberg, Kiev, Bonn e Berlín. 

Galego

Antonio Oliveira

António Oliveira naceu no Porto. Obtivo o bacharelato na clase da Prof. Sofía Lourenço na ESMAE. Estudou na Hochschule der Kunst de Berlín na clase do profesor Lazslo Simon. Obtivo o diploma "Master of Music" na clase do profesor Luiz de Moura Castro.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica