Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Memoria silente: a pegada de Mariano Tafall.

Este itinerario levaranos por diferentes fitos relacionados coa biografía, a actividade profesional e obra deste organeiro. Para iso, contamos coa colaboración dun dos grandes expertos no tema, o músico, profesor e investigador, Miguel A. López Fariña, así como coa organista Alejandra Escolante, que fará soar un dos poucos órganos que se conservan do construtor, o órgano da capela da Virxe do Portal, do convento de Belvís.
 

Galego

9º Convergências Portugal-Galiza

O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) e o grupo musical Canto d'Aquí organizan un ano máis estas converxencias destinadas a estreitar os lazos culturais entre as comunidades galega e portuguesa a través da unión entre voces e músicas, danza, teatro, cinema, coloquios, faladoiros e poesía, nun encontro que se realiza simultaneamente en Braga, Ponteareas e Santiago de Compostela.

Programa

Galego

Club de lectura de cómic

O tema será: Jean Giraud/Moebius

Cada participante presentará un cómic acorde co tema proposto, aínda que tamén se pode vir só a escoitar.

Club mensual: os terceiros sábados de cada mes de 10:30 a 12:00. A entrada é libre, previa inscrición para cada sesión, na biblioteca ou chamando ao 886 120 445.

 

Galego

VESTIRSE, O ESPELLO DAS ÉPOCAS: HIBRIDACIÓNS E INTERSECCIÓNS DO SISTEMA DA MODA NA ERA DA ESTETIZACIÓN. CURSO DE MODA

VESTIRSE, O ESPELLO DAS ÉPOCAS: HIBRIDACIÓNS E INTERSECCIÓNS DO SISTEMA DA MODA NA ERA DA ESTETIZACIÓN. CURSO DE MODA

07 marzo 2023 - 22 marzo 2023

19:00-20:30 h

Coordinación: Virginia Villar

Dirección: Román Padín

Prazas: 150

Matrícula: 30€

 

Galego

Conversas en inglés

A actividade de Conversas en inglés ten por obxectivo a creación dun espazo dirixido
a persoas entusiastas desta lingua estranxeira. Un lugar onde reunirse e dedicar
tempo á práctica da lingua inglesa nun ambiente relaxado, tranquilo e de lecer.
Contaremos cun grupo reducido para participar mediante unha metodoloxía práctica
e interactiva nunha inmersión natural en inglés para ampliar vocabulario, mellorar a
expresión e gañar fluidez na comunicación a través de lecturas, xogos, traballo en
equipo, role play etc..

Galego

Ciclo de Cinema Filosófico

O Ciclo de Cinema Filosófico, organizado polo Cineclub Mazarelos da Facultade de Filosofía celebra unha nova sesión este mércores ás 18:00h no noso Salón de Actos. Vase proxectar unha mostra de cinema experimental e de animación de vangarda, con obras de Ralph Steiner, Norman McLaren, Ed Emshwiller, Abigail Child, Theodore Ushev e Peter Tscherkassky, entre outros. 

Galego

Club de lectura de cómic

O tema será: CÓMICS 2021-2022

Cada participante presentará un cómic acorde co tema proposto, aínda que tamén se pode vir só a escoitar.

Club mensual: os terceiros sábados de cada mes de 10:30 a 12:00. A entrada é libre, previa inscrición para cada sesión, na biblioteca ou chamando ao 886 120 445.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades