Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Gala de Entrega de Premios Youtubeiras+

A gala da oitava edición de Youtubeiras+ será o 1 de febreiro de 2025 no Pazo da Cultura de Narón. Comezará ás 19 horas e contará coa presentación de Javi Sánchez Castro (Meiga-i) e a actuación musical de De Ninghures.

Antes, a partir das 17 h, haberá un obradoiro con Toxío (previa inscrición) e ás 18 h terá lugar un aperitivo previo á gala, onde poderás rexoubar ou apostar sobre quen gañará cada premio, tamén verás por alí a Gabri Fuentes cun micro facendo un directo para as nosas redes, coidado que pregunta!

Galego

Crea contido con Intelixencia Artificial

Descubre cómo a intelixencia artificial pode transformar a creación de contidos visuais e escritos. Aprende a utilizar ferramentas de IA para xerar  imaxes, vídeos e textos de xeito eficiente e creativo e  a desenvolver  habilidades prácticas para crear contido visual e escrito mediante o uso de IA en diversos formatos.

OBRIGATORIO: no campo Observacións do formulario de inscrición debe poñer a súa data de nacemento. Por exemplo: 15/03/1963

Data e hora: 22,23,25 e 26  de xuño de 17.00  a 20.00 h. O día 26 o horario será de 10.00 a 13.00 h.

Galego

Día Internacional dos Museos 2026

O Museo do Viño de Galicia en Ribadavia súmase á celebración do Día Internacional dos Museos do 2026 baixo o lema internacional "Museos unindo un mundo dividido", ofrecendo actividades especiais que fomentan o coñecemento do patrimonio vitivinícola. A programación inclúe visitas guiadas, obradoiros e catas durante o mes de maio:

De luns a domingo do 18 ao 24 de maio

Obradoiro “O tesouro do irmán Santiago”

Galego

Conmemoración do Día Internacional dos Museos

Para o Día Internacional de los Museos 2026 (18 de mayo), o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense forma parte da programación especial da Dirección Xeral de Cultura baixo o lema internacional "Museos unindo un mundo dividido", incluíndo actividades durante varios días, con música e conferencias. Todas son de balde e sen inscrición previa.

Luns 11 de maio

Conferencia do ciclo “Arqueoloxía en monodose”

19:30h

Conferencia dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose": Da arquitectura á arqueoloxía das igrexas altomedievais hispánicas. Por Mª Ángeles Utrero.

Galego

Día Internacional dos Museos 2026

Para o Día Internacional de los Museos 2026 (18 de mayo), o Museo Etnolóxico de Ribadavia forma parte da programación especial da Dirección Xeral de Cultura baixo o lema internacional "Museos unindo un mundo dividido", incluíndo actividades durante varios días, con visitas guiadas, obradoiros e música, integrando a tradición e o patrimonio.

Sábado 16 de maio e luns 18 de maio

Visitas didácticas “As dúas metades dun mesmo mundo”

12:00h e 17:00h

Galego

Celebración do Día Internacional dos Museos 2026

O lema do ICOM para o día Internacional dos museos de 2026 é “Museos unindo un mundo dividido” Preténdese, con este lema, destacar o papel dos museos como pontes entre as divisións culturais, sociais e xeopolíticas que fomentan o diálogo, o entendemento, a inclusión e a paz dentro e entre as comunidades de todo o mundo. Como espazos públicos de confianza e lugares de aprendizaxe, os museos contribúen á coexistencia pacífica e ao respecto mutuo.

O Museo das Peregrinacións e de Santiago programou unha fin de semana chea de actividades, todas de balde e sen inscrición previa:

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades