Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Pioneras- Campamento urbano del Gaiás 2023

Se estades a buscar actividades estimulantes e divertidas para que vosos peques gocen das mañás do verán, non deixedes pasar o noso campamento urbano Pioneiras! Nel converteranse en biógrafos e reporteiros que investigarán sobre as mulleres que, ao longo da historia, marcaron unha diferenza en diferentes ámbitos profesionais: desde a arte, a literatura, a ciencia, a exploración, a música, a loita polos dereitos, ata as carreiras de coches! coches!

Galego

Semana da moda 2023

Os próximo días 3 e 4 de xuño Zona Naútico celebrará a súa particular Semana da moda cun desfile de roupa da colección primavera ? verán. Unha iniciativa na que participarán os distintos comercios da zona mostrando as coleccións que enchen os escaparates das súas tendas. O evento levará a cabo ás 19.00 horas no Paseo das Avenidas, xunto ao monumento a Elduayen.

Galego

O máxico desafío das casas

Os participantes serán divididos en catro equipos diferentes,  cada un destes equipos representará a  cada unha das casas do colexio Hogwarts. A continuación, o coordinador da actividade lerá ós participantes unha serie de preguntas que terán que responder, acumulando un certo numero de puntos dependendo do grao de dificultade da pregunta acertada (muggle, alumno, mago e auror).

O equipo que logre acumular máis puntos para a súa casa será o gañador da actividade e conseguirá un fantástico premio.

-Data e hora: luns, 26 de xuño de 11:30 a 13 h.

Galego

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 17 e 18 DE MAIO 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS  17 DE MAIO

PROGRAMACIÓN ESPECIAL: A partir das 10:30 h.

APAÑANDO VERBAS PERDIDAS: Recollida de vocábulos en desuso 10:30 h.

ACTIVIDADES PARA NENAS E NENOS:

“Vida e palabras”: actividade de relación arredor da nosa lingua e obradoiro sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego.

 11:30 h. AS LINGUAS, PONTE ENTRE CULTURAS:

Mesas de dinámica participativa nas que re-flexionar sobre a nosa riqueza lingüística e literaria.

Galego

Paco: o neno de Lourenzá

Exposición sobre a infancia e mocidade de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023, baseada nas súas propias palabras recollidas nas obras “O río do tempo” (1991), “Camiño andado” (2003) e “Lourenzá” (2004).

Exposición temporal: “Paco: o neno de Lourenzá”

Do martes 16 ao mércores 31 de maio en horario de apertura do museo

Entrada libre e de balde

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades