Bookcrossing no Museo Etnolóxico de Ribadavia
O próximo 21 de abril o Museo Etnolóxico de Ribadavia iniciará unha liberación de libros (Bookcrossing) que levará a cabo a biblioteca do museo para a celebración do Día Internacional do Libro.

O próximo 21 de abril o Museo Etnolóxico de Ribadavia iniciará unha liberación de libros (Bookcrossing) que levará a cabo a biblioteca do museo para a celebración do Día Internacional do Libro.
O Museo das Peregrinacións e de Santiago comenzará a mañá liberando libros nas rúas de Santiago. A biblioteca do museo participa novamente no bookcrossing organizado por Artium. Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo, e con outras bibliotecas de museos e centros de arte de toda España puxéronse de acordo para encher de libros as cidades.
Facultades, estacións, mercados, parques... Vai atento, vai atenta, calquera lugar é válido para atopar algunha das nosas publicacións. Despois de lelos, poderás liberalos noutro lugar para que outras persoas gocen deles.
25 de abril, 19.15h
Ciclo Stanley Kubrick I The Killing [Atraco perfecto], 1956 (85 minutos)
2 de maio, 19.15h
Ciclo O cinema musical de Bob Fosse Cabaret, 1972 (125 minutos)
Este sábado celebramos o Día Internacional da Arte reuníndonos con coa pintora Carla Viso, autora da exposición "Inquedanzas" que se pode ver agora memo no vestíbulo da Biblioteca. Teremos a oportunidade de coñecer polo miúdo a autora e a súa obra.
A autora do libro Rocío Romero navarrete vén presentarnos o seu libro "Jeff lagartija y sus audífono rojo" da editorial Círculo Rojo. O libro fala de como os pequenos e pequenas poden enfrontar os seus problemas, tamén haberá un obradoiro en torno ao mesmo.
Para público familiar (nenas e nenos de 7 a 12 anos). As inscricións poderán facerse dende lo luns 10 de abril nos números de teléfono 988 788385/ 386.
Dolores Vilavedra Fernández é profesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Dende 2019 coordina a Área de Artes e Humanidades da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS) e entre 2015 e 2021 foi coordinadora do programa de doutoramento en Estudos da Literatura e da Cultura. Especialista en narrativa galega contemporánea, exerce habitualmente a crítica literaria en medios especializados e divulgativos.
O ciclo de conferencias Educación Século XXI é xa un marco de referencia de encontro para todas as persoas integrantes da comunidade educativa. Neste sentido, ademais de contar con numerosos relatores de prestixio que abordan cuestións innovadoras no ámbito pedagóxico, Afundación quere poñer o foco tamén sobre a importancia dunha educación na que os valores éticos sexan a pedra angular.
O Museo de Belas Artes da Coruña contará cun horario de apertura especial en Semana Santa. Con motivo da exposición: Picasso, Branco no recordo azul o museo abrirá as súas portas os festivos seguintes:
- Xoves 6, venres 7 e sábado 8 :
- 10:00-14:00
- 16:30-20:00
-Domingo 9:
- 10:00-14:00
Xoga con nós á Pita Cega!
Celebramos o Día do Libro deste ano 2023 propoñéndovos xogar con nós á Pita Cega. A partir do día 24 de abril as persoas usuarias atoparedes na biblioteca libros envoltos en papel de agasallo, que poderedes levar en préstamo. Nos paquetes haberá libros, música e cine, pero non descubriredes de que se trata ata que abrades os paquetes unha vez que os collades en préstamo.
Este venres, vén a falar connosco a escritora lucense de álbum ilustrado Ana Meilán.
Hora: 19:30 h.
Salón de actos