Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Ludobiblio Nadal

Non hai mellor xeito de pasar as mañás de Nadal que divertíndose na biblioteca. Na Ludobiblio Nadal desenvolveranse actividades que favorecen o  desenvolvemento cognitivo e social, a psicomotricidade e o movemento, e onde se lles estimula a capacidade creativa a través de diferentes obradoiros sensoriais e de expresión plástica.

 

-Público destinatario: nenas e nenos de 4 a 9 anos

-Horario: de 10:00 a 13 h

-Sen inscrición previa, entrada por orde de chegada (máximo 15 nenos á  vez)

Galego

Visita do Apalpador ao “Circo de artesáns” da Coruña

Visita do Apalpador ao “Circo de artesáns” da Coruña

Aviso para todos os nenos e nenas e as súas familias da Coruña e Comarca!!!

No 23 de decembro (sexta-feira/venres), ás 17:00 horas, estará o Apalpador no centro da cidade da Coruña, nomeadamente na rúa Santo André, 36, local do Circo de Artesáns

Poderás coñecer todo sobre esta figura tradicional e desfrutar dos seus contos.

Organiza a Escola Semente Coruña.

Galego

Baile de Nadal

O Concello de Nigrán ofrece este mércores 21 de Decembro un baile de Nadal para todos os públicos de 18:00 a 21:00 horas no Auditorio Municipal e coa música en directo do Trío Xtra. Ademais, durante o evento servirase chocolate con churros. A entrada é de balde ata completarse o aforo. O obxectivo do Concello, como cada ano, é que os asistentes gocen dunha tarde de Nadal agradable bailando e socializando. 

 

 

Galego

Lectura continuada do <em>Ensaio sobre a cegueira</em> de Saramago

Con motivo do centenario do nacemento de José Saramago e ao abeiro da Lei Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía , AGAL, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e do Concello de Santiago de Compostela, organiza unha homenaxe popular en forma de lectura pública continuada dunha das súas obras máis coñecidas: o Ensaio sobre a cegueira.

Galego

As formas do Nadal

Que forma ten o Nadal para ti? A Cidade da Cultura anima este ano a xogar coa xeometría en familia. Desde triángulos, círculos, cadrados, etc. podes imaxinar, deseñar e crear unha orixinal postal de Nadal. Recorta as figuras e compón o debuxo que máis che guste, inspirado nestas festas, e non esquezas engadir o teu "toque" persoal. Os autores das postais máis orixinais recibirán un agasallo familiar no espectáculo de teatro Ás para Álex, que terá lugar o 29 de decembro de 2022 (ás 18.00 horas) no Museo do Centro Gaiás, onde tamén recollerán un fantástico agasallo. .

Galego

Atrapados no museo

Escape room familiar (Grupos de adultos + nenos/as a partir de 8 anos)

Un fallo no sistema de seguridade fai saltar a alarma e bloquea tódalas portas de saída. Estades atrapados no museo! Deberedes descubrir pistas e resolver varios enigmas nas salas do museo para poder escapar. Seredes quen de saír?
 

Datas: 23, 29 e 30 de decembro

Horas: 16:00 e 17:30

Actividade de balde. Imprescindible reserva previa:

https://mupega.edu.xunta.gal/inscricion-actividades-e-obradoiros

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades