Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Historia dunha salgadura que vai e ven

Itinerario monográfico guiado dirixido a todo tipo de público.

12:00  h.

logo dunha breve introdución sobre a industria da salga, as persoas asistentes poderán ver unha proxección multimedia teatralizada e en 3D sobre a historia do espazo da  salgadura Piñeiro e o traballo nas fabricas de salgadura.

Entregarase un dispositivo para que poidan realizar unha visualización inmersiva dende o móbil.

A actividade finalizará cunha visita guiada que permite coñecer unha fábrica de salgadura conservada integramente en  Mourisca

Galego

Noite dos museos. Picasso infinito

Instalación lúdica colaborativa, que se realizará na praza do museo con materiais reciclados, a partir da obra da exposición de Picasso, Fauno. Esta actividade é para todos os públicos e levarase a cabo durante todo o día.

Con motivo da celebración da noite dos museos o Museo de Belas Artes permanecerá aberto ata as 23:30 horas.

Galego

A memoria de José Gil, pioneiro do cine galego e director de Nuestras Fiestas de allá

Chegamos á fermosa vila de Nigrán con moitas actividades dirixidas a un obxectivo común: comunicar e dar a coñecer, poñendo en valor e outorgando o espazo que merece na memoria colectiva dos galegos e galegas, a obra, percorrido vital e profesional e inmenso amor polo cinema de JOSÉ GIL, un rapaz de orixe humilde nado en 1870 na aldea de Rubiós (As Neves) que a pesar diso logrou desenvolver un traballo de grande relevancia na historia do cinema galego.

Galego

Noite dos Museos

Programación para a noite dos museos:
- 17.30 a 19.30h: Xogos tradicionais a cargo de Xotramu, Asociación de Xogos tradicionais.
- 18.15-19.30h: Música a cargo de “Agrupación Cultural La Trova Coruñesa”. Agrupación musical que conta cun repertorio musical basado en estilos diferentes como boleros, chachachá, salsa e ritmos latinos.
- 19.30 a 20.30h: Concerto de música “Son de Corda”.
- 20.30h Petiscos e queimada a cargo da Asociación de Amigos do Museo

Galego

Holi Gaiás 2023

O sábado 3 de xuño regresa o Holi Gaiás á Cidade da Cultura. Xa está en marcha a quinta edición desta carreira lúdica, familiar e festiva para que poidas gozar coa túa familia ou amigos dun evento deportivo no que se permita xogar ao sucio, porque un dos principais atractivos é meterse nas cores tradicionais do sexo durante a xira e ao remate da festa.

Galego

Un modo de vida: mel de Galicia, disfrútao

Charla formativa onde se explicará polo miúdo que é o mel, que elementos son necesarios para extraela. Diferenzas entre os individuos que habitan as colmeas e como son os panales onde as abellas gárdana con celo. Como distinguir as distintas partes da colmea.

A figura do apicultor/a e do envasador/a, así como ás ferramentas precisas coas que traballa. Todo o ciclo de vida do Ouro Doce, desde as flores ata o bote de Mel de Galicia que consomen.

Duración: 40 minutos

Para nenas e nenos de 6 a 12 anos (15 prazas)

CATA DE MELES

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades