Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Descubrindo o mundo coa microbioloxía

Texto de presentación da actividade

Que hai nun charco? por que as plantas son verdes? que é unha célula e por que as temos todos os seres vivos?

Todas estas preguntas e moitas máis pódense contestar neste divertido obradoiro científico, orientado á microbioloxía, con 4 cousas: un microscopio, un pouco de auga, un anaco de cristal e moita, moita curiosidade

Poñede a vosa bata que chega o noso laboratorio!

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Arrolar

Texto de presentación da actividade

Arrolar

Sesións de arrolos, cantigas  de berce e nanas empregando movementos acompasados, percusión corporal, sons bucais e  instrumentos musicais de raíz, entre eles os axóuxeres como a gaia, o dalle, ou peido de galiña...Con esta actividade pretendese recuperar esta tradicción en deshuso, extrapolando as cantigas como ferramenta para a relaxación, creando así espazos en calma.

Programa

CONMEMORACIÓN DÍA DAS BIBLIOTECAS

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Muller, poeta, en galego e... polo mundo!

Texto de presentación da actividade

Abrirse paso nunha profesión tan machista coma outras e facelo como muller, galega e poeta non amedrentou a quen comezou con só 17 anos. Nunha charla amena, íntima e empoderadora, aderezada con anécdotas e poemas, unha das poetas máis populares e internacionais contaranos como analizou, atopou explicación e máis tarde superou os obstáculos, prexuízos e actitudes patriarcais con enerxía e esperanza

Programa

LER CONTA MOITO

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

A viaxe do libro

Texto de presentación da actividade

A viaxe do libro é un obradoiro impartido polas persoas que formamos parte da editorial Cuarto de Inverno onde explicamos, de xeito sinxelo e ameno, a viaxe que vive unha obra literaria desde que é unha mera idea na cabeza dunha autora ata que nos dispoñemos a ler. Que é unha editora? Cantas persoas traballan para publicar un libro? Todas estas cuestións e moitas máis terán resposta aquí.

Programa

"Outubro, mes das bibliotecas"

Galego

Aproximación á ilustración

Texto de presentación da actividade

Charla sobre o proceso de ilustración dun libro que toma como referencia o traballo do propio Óscar inicialmente, pero tamén o de moitos outros debuxantes, pintores e artistas con estilos e puntos de vista diverxentes, coa intención de mostrar o amplo abano de posibilidades que ofrece o mundo do debuxo, do libro ilustrado e da arte. Recomendación de libros.

Programa

Ler Conta Moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Da árbore ao libro

Texto de presentación da actividade

Como se fai un libro? Que agocha dentro ademais dunha historia? Cantas persoas fan falla para facelo? Que clases de libros hai? En Cuarto de Inverno somos parte do nacemento do libro como un obxecto, pero a historia é máis antiga. Nunha sesión de contacontos manipulativo poderemos ver distintos materiais para elaborar un libro, veremos os libros máis raros da historia e faremos un minilibro.

Programa

"Outubro, mes das bibliotecas"

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Robótica educativa. Creatividade inspiradora

Texto de presentación da actividade

Obradoiro de robótica no que os asistentes descubrirán os principios da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas (STEM), participando nunha experiencia de aprendizaxe divertida e práctica. Deseñado para incentivar a creatividade e a curiosidade, proporcionando oportunidades para construír e probar prototipos de obxectos, animais e vehículos cun enfoque do mundo real.

Programa

"Ler Conta Moito 2023"

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Robótica na biblioteca

Texto de presentación da actividade

Robótica na biblioteca é unha actividade que procura a achega dos máis novos e novas ás tecnoloxías do futuro desde o centro cultural que é a biblioteca. Ademais de aprender fundamentos básicos e coñecer o fondo científico-técnico dispoñible na súa biblioteca, os e as participantes poderán levar o seu propio robot para a casa.

Número máximo de participantes: 12.

Programa

Outono nas Bibliotecas de Dumbría

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Robótica educativa. Creatividade inspiradora

Texto de presentación da actividade

Obradoiro de robótica no que os asistentes descubrirán os principios da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas (STEM), participando nunha experiencia de aprendizaxe divertida e práctica. Deseñado para incentivar a creatividade e a curiosidade, proporcionando oportunidades para construír e probar prototipos de obxectos, animais e vehículos cun enfoque do mundo real.

Programa

Mes da Biblioteca 2023

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades