Día da Ilustración
Dende 2013, en Galicia celebramos o día da ilustración o 30 de xaneiro, en recordo do nacemento de Castelao; e dende 2017, a Xunta e AGPI impulsan o recoñecemento dunha figura galega relevante nesta disciplina.

Dende 2013, en Galicia celebramos o día da ilustración o 30 de xaneiro, en recordo do nacemento de Castelao; e dende 2017, a Xunta e AGPI impulsan o recoñecemento dunha figura galega relevante nesta disciplina.
Outro ano máis participamos no Premio Novela Europea “Casino de Santiago”, que ten por obxectivo promover a lectura e o espírito europeísta, convertendo aos residentes de cidades europeas significativas, en xurado dun premio literario. Unha comisión de expertos seleccionou as seguintes cinco novelas de escritores europeos publicadas neste ano:
• La postal de Anne Berest (Lumen)
• Os seres queridos de Berta Dávila (Xerais)
• La ciudad de los vivos de Nicola Lagioia (Literatura Random House )
• Obra maestra de Juan Tallón (Anagrama)
Podedes vir curiosear á mostrar que temos no primeiro andar sobre as Postais de Nadal e a súa historia, seguro que hai cosas que non sabíades .. As postais que temos expostas son parte da colección que Mercedes Gallego cedeu á Biblioteca e estás en concreto son dos años 1960-1968.
Mostra bibliográfica e bibliografía como lembranza de Gonzalo Torrente Ballester cando se fan 25 anos do seu pasamento.
Sala de préstamo.
A biblioteca cede o espazo para o recital poético arredor da obra A teoria da pedra de Senén Peleteiro (Toxosoutos).
A lectura do poemario estará musicada con guitarra clásica da man do artista arxentino Marcos Salazar.
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Este martes como nos últimos anos visitaranos o Coro Xuvenil Cantiga para musicarnos estas datas, non perdades a actuación!
Volve polo Nadal a Ludobiblio Cempés.
A Ludobiblio Cempés é un servizo aberto ao público no que as familias poden deixar á rapazada o tempo que precisen.
Os nenos e nenas gozarán da exerimentación con diversos materiais e xogos que están a súa disposición:
*Actividades psicomotrices e movemento libre
*Obradoiros de animación á lectura
*Obradoiros de expresión plástica
-Data e hora : do 26 de decembro ao 5 de xaneiro, de 10:00 a 13 h.
-Público destinatario: infantil, de 4 a 9 anos
Este xoves teremos un encontro con Pablo Santiago González Prieto poseedor dunha gran colección de cámaras fotográficas que temos expostas no vestíbulo da Biblioteca e gran amante da fotografía. Se queredes saber un pouco máis da historia das cámaras fotográfica non dubidades en vir!
O martes 19 de decembro contaremos coa presenza de Mercedes Galego Esperanza doutora en historia dá arte pola Universidade Complutense de Madrid que vainos falar do nadal nos retablos Ourensáns.
Este Nadal a Cidade da Cultura convídavos a un programa especial de visitas comentadas para entender as orixes artísticas e estéticas que están detrás do deseño dos edificios do Gaiás.
Neste novidoso percorrido, cheo de referencias á creación plástica do século XX, descifraremos a influencia das vangardas creativas nas formas saídas do maxín de Peter Eisenman e, a través de exemplos da historia da arte e do deseño arquitectónico, redescubriremos as orixes de moitas das características plásticas do Gaiás.