Galiverso de Nadal
Regresa ao Gaiás a edición especial do Galiverso de Nadal, da que gozarán especialmente os máis pequenos e pequenas da casa, entrando virtualmente na casa do Apalpador para fisgar como vive esta figura do Nadal galego.

Regresa ao Gaiás a edición especial do Galiverso de Nadal, da que gozarán especialmente os máis pequenos e pequenas da casa, entrando virtualmente na casa do Apalpador para fisgar como vive esta figura do Nadal galego.
Nesta xincana, a medio camiño entre xogo de exploración e concurso de preguntas, a Cidade da Cultura reta ás familias a descubrir ata os segredos máis agochados dos edificios do Gaiás. Afondaremos no xeito en que están construídos pero tamén nas súas curiosidades máis divertidas, dun xeito lúdico enfocado a que gocen da visita persoas de todas as idades.
Esta actividade, dirixida a tirar o máximo proveito do tempo compartido en familia nestes días do Nadal, proponse achegar aos máis pequenos e pequenas ao mundo da arquitectura contemporánea nunha sesión didáctica e lúdica.
A frase de Momo, a inesquecible novela de Michael Ende, encerra e resume a filosofía destas sesións de xogo en familia, onde cativada e persoas adultas exploran xuntas partindo de materiais desestruturados e mesas de luz.
Programa cultural e familiar de Nadal organizado pola Cidade da Cultura de Galicia.
DATAS E PROGRAMA PRÓXIMAMENTE
O solsticio de inverno, a noite máis longa do ano, marca o final da escuridade e o regreso da luz. Este momento máxico, celebrado por moitas culturas, significaba o triunfo da vida sobre a morte, era un momento de celebración e recollida no que se colocaba baixo teito unha árbore que lembraba o Yggdrasil, o gran freixo da mitoloxía nórdica, con frondosas pólas das que penduran os Nove Mundos.
O programa é o seguinte: No Museo do Castro de Viladonga, e para público escolar
- 11 de decembro ás 10.30 h e ás 12.00 h
Concerto didáctico. Vanesa Muela
- 12 de decembro ás 10.30 h e ás 12.00 h
Por que hai poucas mangas?. Maxia na manga
- 13 de decembro ás 10.30 h e ás 12.00 h
Argalladas de Pícaros. José Manuel García
- 14 de decembro ás 10.30 h e ás 12.00 h
Monstrólogo. Trécola Producións
- 15 de decembro ás 10.30h e ás 12.00h
Contos Vellos novos Finais. A trastenda dos contos, Caxoto
Campus Stellae é a forma toponímica latina utilizada para referirse a Compostela. A súa tradución literal é ‘campo da estrela’, polo que, nunha versión libre, o nome da cidade sería ‘Santiago do Campo da Estrela’. Alude ás milagrosas luces que as primeiras narracións (ss. XI-XII) do descubrimento do sepulcro de Santiago sinal que indicaron o seu lugar. É a forma etimolóxica máis popular referida á orixe do termo ‘Compostela’, sen dúbida pola súa forza evocadora.
O luns, 27 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Sociedade Civil, titulada «Pi i Margall: 150 anos da Primeira República», que estará impartida por Ramón Máiz, Catedrático de Ciencia Política da USC.
A cómica catalá Charlie Pee, coñecida por ser guionista e colaboradora de La Resistencia e de El Carolate e unha das presentadoras do programa L’última hora do Matí de Catalunya Ràdio; despois de dez anos facendo Stand Up nos que destacan os seus monólogos en Comedy Central, Las que faltaban (Movistar+), Phi Beta Lambda, Cruïlla Comedy ou TV3, preséntanos o seu primeiro espectáculo en solitario. Unha hora chea de risas na que nos conta as súas miserias máis absolutas que lle pasaron ao longo da súa vida.
Os actos do Día Mundial da Filosofía terán lugar na Facultade de Filosofía da USC ao longo dunha semana e inclúen a conferencia do Premio Nacional de Ensaio e Premio Nacional de Fotografía Joan Fontcuberta o mércores 15 ás 18:00 no Salón de Actos "Comer con los ojos: la era de la iconofagia", a charla de Daniel Rosende (Unboxing Philosophy) "Escape Room da caverna" o xoves 16 ás 12:30 na Aula 4, dúas actividades sobre ética animal organizadas polo prof.