Ana Ortiz anima á cidadanía a participar nas actividades da biblioteca Juan Compañel de Vigo con motivo do Día do Libro

Vigo, 22 de abril de 2026.- A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este mércores as actividades programadas pola Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel con motivo do Día do Libro. A representantes autonómica destacou a súa programación, tanto para adultos como para os máis pequenos.

Galego

López Campos lembra “o importante servizo cultural á sociedade” das bibliotecas na benvida á nova directora da Ánxel Casal

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, achegouse hoxe en Santiago á Biblioteca Pública Ánxel Casal para darlle a benvida persoalmente á súa nova directora, Ángela García Núñez, á que animou, xunto co seu equipo, a “continuar co importante labor cultural que se realiza desde estes equipamentos públicos, dando un servizo á sociedade imprescindible, abordando todo tipo de propostas e abranguendo a todos os públicos”.

Galego

A Casa de Galicia en Madrid impulsa a difusión do ciclo de música relixiosa de Barcia de Mera na súa XVIII edición

Madrid, 21 de abril de 2026

A Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe a presentación da XVIII edición do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, unha iniciativa cultural que se celebrará desde esta fin de semana ata o mes de setembro nesta parroquia do concello de Covelo (Pontevedra).

Galego

A Xunta apoia o acceso á cultura dende os concellos cunha nova convocatoria de axudas para a mellora e o equipamento das instalacións culturais

Ortigueira (A Coruña), 21 de abril de 2026

A Xunta renova este ano o seu apoio á actividade cultural dos concellos cunha nova convocatoria das axudas para a mellora e equipamento de instalacións culturais. A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, aproveitou a visita á Biblioteca Municipal de Ortigueira, beneficiaria destas achegas no 2025, para recordar que o prazo de solicitude da actual convocatoria está aberto ata o 30 de abril.

Galego

XIX Festival internacional de música Pórtico do Paraíso

CUARTETO SEIKILOS

O Cuarteto Seikilos formouse en 2011 no seo da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE). Está integrado por Iván Görnemann e Pablo Quintanilla (violíns), Adrián Vázquez (viola) e Lorenzo Meseguer (violoncello). Os catro músicos coincidiron no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, e posteriormente completaron formación en prestixiosas institucións europeas como a Musikhochschule de Düsseldorf, a Universität Mozarteum de Salzburgo, a Hochschule de Leipzig e a Escuela Superior de Música Reina Sofía.

Galego

XIX Festival internacional de música Pórtico do Paraíso

ÁLEX ALGUACIL
Descrito como un pianista con “un despliegue sonoro que cautiva al oyente” (Melómano), Álex Alguacil é enxalzado pola crítica e prensa especializadas pola súa “madurez interpretativa” (Scherzo), o seu “fino sentido musical” (El País), á vez que destaca como un “músico inteligente con madera de calidad” (La Vanguardia).

Galego

XIX Festival internacional de música Pórtico do Paraíso

A presenza da arpa no cine prodúcese case desde o seu nacemento. Nesta peculiar charla, pintura, literatura, cine e música mestúranse tendo sempre a arpa como denominador común e fío condutor. Veremos e analizaremos escenas en que a presenza da arpa forma parte da linguaxe cinematográfica, escenas en que mesmo a presenza deste instrumento condiciona a planificación e posta en escena.

Galego

XIX Festival internacional de música Pórtico do Paraíso

MARIVÍ BLASCO
Mariví Blasco é unha soprano valenciana especializada en música antiga. Comeza os estudos musicais na Unión Musical de Yátova, tocando o óboe, aos sete anos. Así mesmo estuda piano e canto no conservatorio José Iturbi da devandita cidade, ao tempo que obtén a licenciatura de psicoloxía pola Universitat de València. Entre os seus mestres, destacan Anatoli Goussev, Daniel Muñoz e Ryan Borges.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS