Que farían sen min

Na casa de Ana todo é un sen vivir, a súa filla non pode vivir sen ela, o seu marido non pode traballar sen ela, a súa veciña non pode falar sen ela. Todo pasa por ela, pasan os anos e nada cambia ata que un día aparece o amor da xuventude e os soños retoman a ilusión perdida. Seguirá todo igual na casa de Ana?
Nova comedia de enredo preparada polo grupo de teatro onde queremos poñer en valor a necesidade de soñar, de vivir e de amar nunha atmosfera aparentemente tradicional na que todo o mundo necesita de Ana.

Galego

Retablo do Esperpento

Nunha familia de meigas, unha moza resístese ás argucias da súa tía, que en conivencia coa nai, argalla para obter beneficio dos agasallos que un ricacho ofrece a cambio dos favores da xoven. Para reafirmarse na súa liberdade, a moza déixase facer as beiras por un humilde afiador, pero unha noite de luarada, servíndose dos seus poderes de meiga, adiviña como sería o seu futuro e decide facer un lixeiro cambio de plans no seu destino a través dunha ligazón. Isto é, dun pacto de sangue.

Galego

A Xunta e Fademga colaboran na mellora da accesibilidade do Museo Gaiás para persoas con discapacidade intelectual

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2026

A Xunta de Galicia está a avanzar na accesibilidade dos espazos da Cidade da Cultura en colaboración coa Federación de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Con este obxectivo, acaba de levarse a cabo unha xornada con profesionais en formación e persoas con discapacidade intelectual que analizaron as instalacións do Museo Centro Gaiás.

Galego

A Xunta achega este verán 316 citas escénicas e musicais en 87 concellos galegos dentro do circuíto ‘Cultura no Camiño’

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2026

A Xunta de Galicia acaba de poñer en marcha a programación da 14ª edición de Cultura no Camiño, que este verán ofrecerá 316 espectáculos escénicos e concertos a cargo de 147 formacións artísticas en 87 concellos galegos situados nas diferentes rutas xacobeas. Trátase dunha proposta enmarcada na campaña Para gustos, cultura, que este ano chegará a 200 localidades con máis de 3.600 propostas.

Galego

Comisión de festas

A Biblioteca de Galicia acolle Comisión de Festas, o novo espectáculo de Brais das Hortas, gañador dos Premios Martín Códax da Música 2025, unha proposta que mestura música, clown e teatro nunha celebración colectiva chea de humor e participación.

Brais das Hortas ten un plan claro: armar a festa. Pero non pode facelo só. Para conseguilo precisa algo fundamental, unha Comisión de Festas. Neste espectáculo, o escenario transformarase nun auténtico torreiro de festas grazas á implicación do público, que pasará a formar parte activa desa comisión improvisada.

Galego

López Campos destaca a “ampla e variada actividade do verán con máis de 40 tipos de propostas” nunha nova edición de ‘Para gustos, cultura’

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a segunda edición da campaña Para gustos, cultura “coa que ofrecemos unha ampla e variada actividade cultural incluíndo máis de 40 tipoloxías de propostas”, destacou á vez que incidiu en que “este verán aumentamos as accións, ata as 3.600, dando conta do bo momento do sector ás portas do Xacobeo 2027, e o do apoio que lle brindamos a través desta programación”.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS