A Xunta estrea o 15 de xullo no Gaiás ‘Noitear’, tres espectáculos ao aire libre nunha soa noite que unen danza, teatro e artes vivas
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2026
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude lanza este 15 de xullo Noitear na Cidade da Cultura, unha nova proposta para vivir as artes escénicas con tres espectáculos nunha mesma noite de verán e ao aire libre. Cos espazos exteriores do Gaiás como grande escenario, nace este programa no que converxen a danza, a música, as acrobacias ou o teatro físico, con tres funcións que abraiarán ao público pola súa dramaturxia de risco, suspensión e confianza mutua.
