O AUDIOVISUAL GALEGO PREPARA 22 NOVOS FILMES CON 3,5 M€ DAS SUBVENCIÓNS DA XUNTA Á PRODUCIÓN E COPRODUCIÓN

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2026.- A Xunta de Galicia adxudicoulles un total de 3,5 M€ a 22 novos proxectos audiovisuais a través da convocatoria anual de subvencións á produción e coprodución, que neste 2026 abrangue como beneficiarias sete longametraxes cinematográficas de ficción e animación, cinco longas documentais, tres coproducións internacionais con participación minoritaria galega, seis curtametraxes e unha serie para televisión e plataformas.

Galego

Rueda enxalza o papel do museo do gravado de artes como motor cultural e embaixador internacional de Galicia

Ribeira (A Coruña), 2 de xullo de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor a traxectoria do Museo do Gravado de Artes que, desde o seu nacemento no ano 2001, logrou consolidar un espazo expositivo singular en España, converténdose nun motor cultural e un embaixador internacional de Galicia.

Galego

A Xunta emprega a proba do carbono 14 para resolver a data de 27 bens patrimoniais desde o neolítico ata a idade media

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2026

A Xunta acaba de conseguir precisar a data de 27 bens patrimoniais de Galicia, que abranguerían desde o Neolítico ata a Idade Media, grazas ao uso da proba de carbono 14 sobre restos botánicos. Así o deu a coñecer hoxe o director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, quen explicou os “importantes achados deste proxecto pioneiro” encargado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ao Instituto de Ciencias do Patrimonio, do Consello Superior de Investigacións Científicas.

Galego

López Campos destaca o “bo momento” do sector do libro galego e o apoio da Xunta con 3 M€ para este ano

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, celebrou hoxe o “bo momento” do sector do libro en galego “cos mellores datos históricos de oferta e de consumo cultural”, ao tempo que destacou o “constante apoio” que recibe da Xunta, “tal e como demostran os 3 M€ de investimento para este mesmo ano”. Fíxoo na intervención de clausura do Encontro da Edición 2026, que se celebrou no Consello da Cultura Galega, e no que estivo acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.

Galego

Axudas para a realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado

ORDE do 6 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT215A).

Galego

Belén do Campo mantén un primeiro encontro institucional co novo director do Museo de Belas Artes, Manuel Mosquera

A Coruña, 1 de xullo de 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo hoxe un primeiro encontro institucional co novo director do Museo de Belas Artes da Coruña, Manuel Mosquera, tras o seu recente nomeamento por parte da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Galego

López Campos erixe a Galicia como referente na protección do patrimonio coa creación da primeira cátedra do norte peninsular especializada nesta área

Lugo , 1 de xullo de 2026.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe coa reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, a primeira cátedra do norte peninsular de Xestión Cultural, especializada en Patrimonio, que se impartirá na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, onde xa existe un grao universitario nesta materia, “e coa que Galicia se erixe como referente en protección destes bens”, aseverou.

Galego

O Centro Dramático Galego estrea 'Os Pasadores' no Couto Mixto e inicia a xira ambulante de 'Ñiqui Ñaque' por 25 concellos

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2026

O Centro Dramático Galego estrea esta fin de semana dúas novas coproducións para espazos abertos: Os pasadores, que se presentará este sábado 4 en Santiago de Rubiás, no concello de Calvos de Randín (Ourense), no territorio do Couto Mixto, e Ñiqui Ñaque, que se estrea o venres 3 en Cangas de Morrazo (Pontevedra), no marco da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo, para iniciar a continuación unha extensa xira que levará esta proposta a outros 25 concellos galegos.

Galego

Anxo M. Lorenzo convida a desfrutar en Vigo “dunha feira do libro de récord con máis de 200 actividades”

Vigo, 1 de xullo de 2026

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a Feira do Libro de Vigo, a sétima das citas do circuíto que a Xunta de Galicia impulsa en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia e que percorrerá 13 cidades e vilas ata finais do mes de agosto no marco da programación Para gustos, cultura impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Galego

O Carlangas máis rockeiro inaugura este xoves os concertos ao aire libre de ‘Atardecer no Gaiás’

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2026

Este xoves 2 de xullo comeza con Carlangas unha nova edición de Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos gratuítos ao aire libre organizados pola Xunta de Galicia. O ex-líder e vocalista de Novedades Carminha chega a Santiago para presentar o seu terceiro traballo en solitario, Universo Paralelo, un disco no que recupera as guitarras e o seu son máis rockeiro e no que destacan as colaboración con artistas como Leiva e Dear Joanne.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS