Ana Ortiz asiste á primeira xornada do Galicia Fest, que conta cunha nutrida presenza de artistas locais
Vigo, 26 de xuño de 2026
Vigo, 26 de xuño de 2026
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2026
Galicia conectará a industria musical este outono co nacemento de PALCO, o primeiro e pioneiro encontro sectorial da música na comunidade, promovido e organizado pola Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM). A cita celebrarase en Santiago de Compostela ao longo de tres días, do 3 ao 5 de novembro de 2026, na Cidade da Cultura e noutras salas e espazos de interese.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2026
A Xunta de Galicia e Escuela de Escritores veñen de asinar un convenio de colaboración para impartir na Cidade da Cultura o prestixioso programa formativo Ler, Escribir, Crear: Curso Completo de Narrativa. Esta iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude supón un importante impulso para a creación literaria na comunidade, ofrecendo unha formación de alto nivel inspirada nos máis de quince anos de experiencia do primeiro Máster de Narrativa creado en España para formar escritores.
Pontevedra, 25 de xuño de 2026
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou na inauguración da exposición A derradeira leición do mestre.
Ferrol, 25 de xuño de 2026.
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu hoxe na sede de Afundación á inauguración da exposición Origen, patrocinada por Endesa.
A mostra está composta polas fotografías que conforman o proxecto El Legado que Seremos, de Álvaro Ybarra, mediante as cales documenta o proceso de transición enerxética do carbón ás fontes renovables. Algunhas das imaxes están tomadas no ámbito da central térmica de carbón de As Pontes, unha das últimas deste tipo que se mantivo en funcionamento no país.
Xixón (Asturias), 25 de xuño de 2026
O Incio (Lugo), 25 de xuño de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, puxo en valor o servizo de Bibliotecas Móbiles do Goberno galego, A Furgoteca, na dinamización cultural dos concellos do rural da provincia. Fíxoo tras comprobar no Incio o funcionamento deste recurso itinerante que promove a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Villares salientou a “excelente acollida” desta iniciativa, que o ano pasado conseguiu duplicar o número de usuarios e actualmente supera os 2.600.
Ourense, 25 de xuño de 2026
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello da Arnoia para, acompañado do seu alcalde, Rodrigo Aparicio, supervisar as obras para a mellora das condicións de humidade da capela de San Mauro, nas que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude inviste preto de 195.000 euros.
Vigo, 25 de xuño de 2026.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitaron este xoves a montaxe da segunda edición do evento Galicia Fest que se celebrará este venres e sábado, 26 e 27 de xuño, no peirao de Transatlánticos.
Porto (Portugal), 24 de xuño de 2026
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou hoxe no Porto que “os lazos culturais e lingüísticos que nos unen con Portugal fan do país veciño un gran aliado para Galicia ás portas do Xacobeo 2027”, apuntando que “ao igual que o Camiño xogou un relevante papel para desenvolvemento da sociedade desde as súas orixes e ao longo da historia, tamén é hoxe en día un gran revulsivo para o diálogo, o intercambio cultural e a colaboración estratéxica entre ambos os dous territorios”.