A Xunta programa unha ducia de concertos gratuítos co mellor da escena galega en ‘Atardecer no Gaiás’

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2026

A Xunta de Galicia programa este verán doce tardes de música ao aire libre no ciclo Atardecer no Gaiás, cunha selección que trae o mellor da escena galega en xéneros como o punk, o rock, a electrónica, o novo tradi e a música urbana, xunto con artistas destacados de Cataluña, País Vasco, Madrid e Andalucía. Trátase dunha proposta enmarcada na programación de Para gustos, cultura, que este ano chegará a 200 localidades con máis de 3.600 propostas.

Galego

A Xunta apoia a cuarta edición do festival ‘Rumboia Viva’, que se celebrará o 27 de xuño en Abadín

Abadín (Lugo), 20 de xuño de 2026

O delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares, participou hoxe en Abadín na presentación da cuarta edición do festival cultural Rumboia Viva, que se celebrará na localidade o próximo 27 de xuño e que conta co apoio da Xunta de Galicia.

Galego

A Xunta reúne un milleiro de persoas nunha nova edición da Holi Gaiás

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2026

A Xunta de Galicia reuniu hoxe na Cidade da Cultura un milleiro de persoas nunha nova edición da Holi Gaiás, a carreira de carácter lúdico que percorre os exteriores da Cidade da Cultura baixo unha poeira de cores. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, quen esta mañá deu a saída á oitava edición para, posteriormente, participar na entrega de premios.

Galego

A Xunta e a Fundación SGAE colaboran nunha nova edición do festival 'Acento' con Dani Cornes, Javi Chapela e Sila Lua

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2026.

O festival Acento celebrará este domingo 21 o Día Europeo da Música cunha nova edición en formato vermú matinal e co foco posto nas carreiras musicais galegas que se abre paso fóra do noso territorio. A cita, promovida pola Fundación Sociedade General de Autores y Editores (SGAE) co apoio da Xunta de Galicia, desenvolverase na terraza da sede da entidade no parque de Vista Alegre, en Santiago de Compostela, a partir das 12,30 h. e con acceso libre.

Galego

A Xunta renova a dirección da Fundación Cela coa historiadora da arte Chus Martínez

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2026

A Xunta de Galicia renova a dirección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, tras o nomeamento hoxe na reunión do padroado de Chus Martínez, historiadora da arte, comisaria e xestora cultural, para o cargo.

Galego

Axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura, integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, para a adquisición de novidades editoriais en galego e para a mellora das coleccións

A consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publicou  a orde do 13 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura, integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, para a adquisición de novidades editoriais en galego e para a mellora das coleccións e se procede a súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT235A)

Galego

Resolución provisional de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais 2026

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA PARA O EQUIPAMENTO E MELLORA DAS INSTALACIÓNS E LOCAIS UTILIZADOS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS 2026 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO CT211B) (DOG NÚM. 60, DE 31 DE MARZO DE 2026)

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS