Evento: XIX Festival internacional de música Pórtico do Paraíso

  • Álex Alguacil, piano
XIX Festival internacional de música Pórtico do Paraíso
xoves, 14 maio, 2026 - 20:00
Liceo de Ourense,
Ourense

XIX Festival internacional de música Pórtico do Paraíso

Álex Alguacil, piano

ÁLEX ALGUACIL
Descrito como un pianista con “un despliegue sonoro que cautiva al oyente” (Melómano), Álex Alguacil é enxalzado pola crítica e prensa especializadas pola súa “madurez interpretativa” (Scherzo), o seu “fino sentido musical” (El País), á vez que destaca como un “músico inteligente con madera de calidad” (La Vanguardia).

Músico dunha considerable traxectoria internacional, as súas actuacións levárono a escenarios importantes de América do Norte e Xapón. No seu debut con orquestra en España foi descrito como “un pianista brillante” (El País) e o seu recital de presentación no Carnegie Hall de Nova York foi recoñecido como “un dos recitais máis destacados da temporada” (New York Concert Review Magazine).

En España actúa regularmente en auditorios, temporadas e festivais e foi solista con orquestras como a Orquesta Sinfónica de Castilla y León ou a Orquesta Sinfónica del Vallés, entre outras. Nos Estados Unidos debutou no Carnegie Hall de Nova York en 2008, recital aclamado pola crítica que o impulsou a actuar noutras salas importantes da cidade - como o Cami Hall ou o Merkin Hall, do Lincoln Center - e do país, como Chicago, Philadelphia ou Portland, actuando con orquestras como a Bergen Philharmonic Orchestra e a Vancouver Symphony Orchestra.

En 2003 debutou no Palau de la Música Catalana. Alicia de Larrocha, invitada ao concerto, quedou gratamente satisfeita coa actuación e accedeu a asesoralo artisticamente, establecendo unha relación que se prolongaría durante varios anos, traballando con ela o repertorio de compositores españois.

O seu álbum máis recente, Goyescas de Granados (Solfa Recordings, 2024), foi definido como “una propuesta audaz y reveladora que ofrece una nueva perspectiva sobre la obra de Granados sin renunciar a la tradición interpretativa española” (Melómano). O seu álbum Piano Serenade, (Aglae Música, 2022) dedicado á música para piano de Richard Strauss, foi recoñecido como “un trabajo inmenso y mayúsculo que se erige como un espacio de utopía sonora” (Nosolocine).

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos
Travelling para unha arpa, conferencia de Manuel Vilas
XIX Festival internacional de música Pórtico do Paraíso
12 de maio
Casa da Cultura, rúa Concello, 11