Evento: XIX Festival internacional de música Pórtico do Paraíso

  • Mariví Blasco e Álex Pernas, voz e guitarra barroca
XIX Festival internacional de música Pórtico do Paraíso
domingo, 10 maio, 2026 - 19:00
Pazo de Vilamarín,
Vilamarín

XIX Festival internacional de música Pórtico do Paraíso

Mariví Blasco e Álex Pernas, voz e guitarra barroca

MARIVÍ BLASCO
Mariví Blasco é unha soprano valenciana especializada en música antiga. Comeza os estudos musicais na Unión Musical de Yátova, tocando o óboe, aos sete anos. Así mesmo estuda piano e canto no conservatorio José Iturbi da devandita cidade, ao tempo que obtén a licenciatura de psicoloxía pola Universitat de València. Entre os seus mestres, destacan Anatoli Goussev, Daniel Muñoz e Ryan Borges.

Colaborou coas máis importantes agrupacións barrocas europeas: Europa Galante (Fabio Biondi), L’Arpeggiata (Christina Pluhar), El Concierto Español (Emilio Moreno), Orquesta Camerata S. XXl, Hippocampus, Forma Antiqva, Capella de Ministrers, Vespres d´Arnadi, Camerata Antonio Soler, La Ritirata, Euskal Barrokensemble, Accademia del Piacere e Sarao de Musas.

Actúa en salas como o Auditorio Nacional (Madrid), Concertgebouw de Ámsterdam, Elbphilharmonie (Hamburgo), Teatro de La Maestranza (Sevilla), Teatro Arriaga (Bilbao), Teatro dei Rozzi (Siena), Teatro Metropolitano (Medellín), Castello Sforzesco (Milán), Palau de les Arts e Palau de la Música (Valencia). No campo da lírica debuta no Teatro Arenal de Madrid co rol de Despina de Così fan tutte, de W. A. Mozart. Cantou o papel da Raíña da Noite da Frauta Máxica de Mozart con Opera Duende.

Das súas gravacións discográficas destacan o oratorio La forza del Divino Amore de Bernardo Gaffi co Ensemble Piano Forte; Insólito estupor, con Forma Antiqva; Artaserse, ópera de Terradellas coa Real Compañía de Ópera de Cámara; Le Lacrime di Eros, con Accademia del Piacere; Songs of irrelevance and passion, con música de Frescobaldi e John Cage, xunto a Frank Agsterribbe. Os últimos discos son A che bellezza, con Juan Carlos Rivera, galardoado co premio Mélomano de Oro; Geisliche lieder de CPE Bach, xunto a Yago Mahúgo, galardoado co R de Ritmo e o Disco Excepcional de Scherzo e Midnight in Paris, un percorrido pola guitarromanie parisiense xunto á guitarra de Javier Somoza.
Actualmente é directora musical na compañía For the fun of it, con Antonio Castillo Algarra.

ÁLEX PERNAS
Álex Pernas inicia estudos de guitarra clásica e flamenca con Alejandro Bernáldez aos trece anos. Finaliza o superior en guitarra clásica co mestre Pedro Mateo no Conservatori Superior de les Iles Balears, tras finalizar estudos en ciencias sociais na Universidad Carlos III de Madrid. Especialízase en instrumentos de corda pulsada do Barroco e Renacemento con Pablo Zapico e Enrike Solinís.

Regularmente asiste a distintos cursos e festivais nacionais de guitarra, en que recibiu premios nos certames José Tomás - Villa de Petrer e Ciudad de Náquera. Tamén obterá o primeiro premio no concurso do Festival de Música Antigua de Gijón 2023 e, en marzo de 2024, o primeiro premio no Before Beethoven Emergents Fest de València, o que lle dará a oportunidade de gravar o primeiro disco en setembro dese ano.

Desde 2025 colabora co grupo Capella de Ministrers e participa nunha residencia artística multidisciplinaria (música e danza) nos Teatros del Canal de Madrid. O seu traballo foi apoiado por distintas entidades como a prestixiosa bolsa da Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes de España (AIE) ou o programa europeo Euro Strings.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos
Travelling para unha arpa, conferencia de Manuel Vilas
XIX Festival internacional de música Pórtico do Paraíso
12 de maio
Casa da Cultura, rúa Concello, 11