Evento: GALICIA CLARINET FEST
GALICIA CLARINET FEST
O VII Galicia Clarinet Fest celebra a súa sétima edición confirmando a súa posición como un dos grandes referentes pedagóxicos e artísticos do panorama musical europeo.
A música clásica traerá a Lalín a clarinetistas da London Symphony Orchestra, da Royal Concertgebouw de Ámsterdam ou a Staatskapelle de Berlín, xunto con outros artistas que forman parte das mellores orquestras sinfónicas, conservatorios e universidades do panorama nacional e internacional.
Entre as propostas orquestrais máis agardadas salientan os grandes concertos da Real Filharmonía de Galicia —dirixida por José Luis Estellés— e da Banda Municipal da Coruña, así como o gran concerto de clausura da Orquestra do Galicia Clarinet Fest onde profesorado e alumnado compartirán escenario, sumando máis de 150 músicos en escena.
Dentro da programación do festival destaca a estrea mundial de "Camiño ao infinito” o novo e vangardista proxecto multidisciplinar de Xocas Meijide, director artístico do festival, que fusiona o clarinete e o clarinete baixo con electroacústica, performance e vídeo-arte.
Unha das grandes novidades desta sétima edición é o ciclo "Noites de jazz en Lalín", unha serie de catro concertos nocturnos na Praza das Pipas e no Casino de Lalín que contarán coa participación dalgunhas das formacións máis reputadas do panorama jazzístico: Mery Lafuente & The Syncopated Men, Nani García Trío con Ricardo Formoso, Kid Carlos & Wolfgang Puntas, e Pablo Sanmamed Trío xunto a Benxa Otero.
O Galicia Clarinet Fest é o único festival de Europa que conta cunha Academia con máis de 150 alumnos/as chegados desde diferentes partes do mundo.
O festival conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.
Toda a información é de balde e pode consultarse na web do festival.
Máis eventos de tipo Festival
