Evento: XIX Festival internacional de música Pórtico do Paraíso
XIX Festival internacional de música Pórtico do Paraíso
VANDALIA
Rocío de Frutos, soprano
Gabriel Díaz, alto
Víctor Sordo, tenor
Simón Millán, baixo
Tras compartir formación baixo a dirección artística de Lluís Vilamajó, Lambert Climent e Carlos Mena e, en paralelo, ao desenvolvemento das respectivas carreiras individuais como cantantes en grupos de música antiga de referencia (Capella Reial de Catalunya, Collegium Vocale Gent, Grande Chapelle, Al Ayre Español, Musica Ficta, Los Músicos de Su Alteza, Vox Luminis …), Vandalia vén ofrecendo desde a súa fundación en 2012 concertos en numerosas cidades de España e o estranxeiro (Francia, Portugal, Noruega, República Checa, India, Colombia ou México).
Vandalia conta na súa discografía con cinco gravacións dedicadas ao Renacemento e Barroco españois, con especial atención aos tons humanos polifónicos, para casas discográficas como Ibs Classical ou Brilliant, que foron obxecto de importantes recoñecementos: a prestixiosa Bolsa Leonardo a Investigadores e Creadores Culturais da Fundación BBVA, o Premio GEMA (Grupos Españoles de Música Antigua) á mellor investigación 2019, Melómano de Oro, gravación recomendada de Scherzo, gravación seleccionada entre “Los diez grandes rescates de la música española" da revista Ritmo e o CD Excepcional da revista Scherzo, entre outros, ademais de recensións en diferentes medios especializados.
Entre os últimos proxectos discográficos, ten unha gravación dedicada a madrigais de Monteverdi e Gesualdo a cinco voces que obtivo o CD Excepcional da revista Scherzo, a recente integral de tons humanos sobre textos de Góngora para a discográfica Lindoro e o CD Beata Viscera en colaboración co grupo Daniel García Trío, un diálogo entre as harmonías modais do Medievo e Renacemento e as do jazz.
Vandalia foi recoñecido en 2020 co premio GEMA da prensa ao mellor grupo español de música antiga, destacándose o seu labor continuado de recuperación de patrimonio musical.



