Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Deja Vú

Elenco: Manuel Alcántara e Andreu Sans

Sinopse:

Unha proposta de circo persoal, fronteirizo co teatro físico (apoiado noutras disciplinas como os monicreques, proxeccións,etc.) onde a curiosidade, a intuición e as ganas de explicar as cousas dunha maneira singular son o motor principal.

Déjà-vu fala da distancia entre unha persoa e os seus soños, do que é e o que querería ser. Soños moi ambiciosos que espertan os seus aires de grandeza, pero tamén imposibles, abocándoo ao desánimo.

Soño ou realidade?

Galego

Saga de Flin Harvardr

Eran as sagas unha cantiga á heroícidade de grandes guerreiros vikingos fortes e valientes, que abandoaban as súas terras ermas e denostadas polo clima nórdico e zarpaban nos seus drakar para conquistar outros pobos na procura de alimento e tesouros.

Non é o caso da Saga de Flin Havardr... un pastor que vislumbra nun sono as súas proezas como guerreiro e que na realidade leva a cabo unha viaxe inesperada acompañado por unha tripulación moi particular que nada ten de forte ou valiente aínda que abonda en creatividade.

Galego

Bailar agora

Bailaríns: Marta Alonso Tejada e Sergio Perol

“Bailar es alcanzar la palabra que no existe, cantar una canción de mil generaciones. Sentir el significado de un momento” 

Beth Jones

BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara a un posicionamiento no Presente, social e persoal, a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual das cousas, con plena consciencia sobre o que estamos a facer e cómo estamos a vivir o aquí  e o agora. A proposta sobre como facelo é clara: Bailando.  

Galego

Rilla Rilla

Donas e cabaleiras, señoras e señores, picarada toda...Benvidas ao concurso sobre a lingua onde apañamos as palabras coma se fosen berberechos, onde o rotacismo forma parte da banda sonora e o seseo nos ha facer viaxar entre valumada . Se non oístes falar do cínefre, ou non sabedes o que é un día de garabullos, se nunca se pousou en vós unha lagáchima, andade atentas! Abride ben os ouvidos e deixádevos levar por esta música de salitre.

Galego

Atrapado pola maxia

Elenco: Xacobe Sanz, Laura Dotú e Daniel Santana

A revelación da tempada nos teatros Luchana de Madrid que xa alcanza os 5.000 espectadores e un 9,4 de valoración en Atrápao.

Tras ano e medio de éxito en carteleira co espectáculo Ilusiones Máxicas, que xa gozaron máis de 10.000 espectadores, o Mago Xacobe presenta a segunda parte con novos retos e xogos visualmente sorprendentes.

Galego

RIF (de piojos y gas mostaza)

Os nosos protagonistas son tres soldados do exército español que se van a atopar nas terras de Rif despois do Desastre Annual ocorrido o 21 de Julio de 1921. Son tres soldados que representan aos miles de mozos españois que foron arrincados dos seus fogares e aos miles de rifeños que se viron obrigados a loitar no lado español para ver mitigado a súa fame e a súa miseria.

Galego

Reino da Extinción

Reino da extinción é unha comedia hilarante que conta a historia de catro persoas de diferentes épocas da Historia galega que, forzadas a convivir nun Alén moi distinto do que imaxinaban, poñen a proba a nosa idea do que significa ser galegos, vivir en Galicia e falar a nosa lingua. Que define a Galicia? Será a comida excelente, a dúbida constante ou… Quizais a xente? E que é ser galega ou galego? Como é posible que un personaxe da Prehistoria sexa tan galego coma un do Século das Luces? Foi Galicia o mesmo en tódolos momentos da súa Historia? Cando comezou e cando rematará Galicia?

Galego

Rastros

“Esther, a protagonista de Rastros, é unha muller descaradamente libre. Seguramente anticipada ós tempos de hoxe. Acostuma a dicir o que pensa e facer o que sinte, sen prexuízos. Intentou evitalos pero sen éxito. É un dos personaxes femininos máis interesantes que produciu a dramaturxia galega, unha libertaria finisecular que tería topado o seu lugar nas manifestacións feministas de hoxe. Rastros pivota sobre a súa liberdade e, ó mesmo tempo, polas debilidades que a fan muller galega do seu tempo”.

Galego

Quixote

"Quixote" é un xogo cómico inspirado na coñecida obra de Cervantes. Un espectáculo para achegar os clásicos a toda a familia con humor e case sen palabras, no que Don Quixote viaxa polas terras de Castela co seu velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.

O segundo espectáculo de Pedras de cartón traballa, de esta volta, cunha estética achegada ás películas de pallasos de Fellini.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios