Broken Peach en concerto
Broken Peach é unha banda viguesa que resulta ser a perfecta conxunción entre The Supremes e The Who, é dicir, un grupo vocal femenino (4 vocalistas) acompañado dunha sólida banda de rock (3 músicos: guitarra, baixo ou teclado e batería). Podería dicirse que son unha banda, podería dicirse que son un coro, ou podería dicirse que son un espectáculo para nenos e adultos… O seu eclecticismo musical viaxa dende o soul ata o rock, pasando polo gospel, funk e o pop.

