Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Valente e rebelde

Algunha vez quixeches descubrir o que escribe a túa irmá maior no seu libro secreto? Anita conségueo e nel descobre que escribe e debuxa historias sobre a súa personaxe preferida

Poderás adiviñar cal é? Ambas as dúas darán vida a mil e unha aventuras a través de xogos e disfraces para demostrar que o mellor é ser «Valente e Rebelde».

Elenco: Paula Regueiro e Lucía Golán.

Galego

Úniko

Paul é fillo único e o rei da súa casa. O nacemento da súa irmá Irati provocará que un medo íntimo a deixar de ser querido apodérase del ameazando a estabilidade familiar.

ÚniKo é un espectáculo para todos os públicos a partir de 6 anos que pretende ser un reflexo do que os celos polo nacemento dun irmán poden provocar nun neno e na súa contorna. Mesturando as técnicas do monicreque e do teatro máis realista expomos o inquietante tema dos celos, mirándoos de fronte en toda a súa crueza, aínda que sen perder nunca o sentido do humor.

Galego

Tres Tristes 2.0

Tres individuos, nunha situación extrema como é a cegueira, búscanse co tacto, atópanse, recoñécense, transfórmanse nun espazo espido, onde a danza xorde instantaneamente como resultado do encontro cun mesmo, o accidente e o xogo como perfecta xustificación para habitar situacións e roles con límites difusos, pero liberadores.

A obra é unha reflexión sobre a soidade, o encontro, a pertenza, o absurdo, a beleza, o grotesco, o misterio do descoñecido e a poesía. Recordos que se abriron camiño nun acordo silencioso, sen texto.

Galego

TIC, TAC, el héroe del tiempo

Cada mañá, Tic Tac, un antigo reloxo espertador, dá corda á súa entrañable colección de reloxos en cuxo interior se atesouran e resgardan momentos felices.

Repentinamente, verase ameazado ao recibir un tentador obsequio do ambicioso Wifi, un modernísimo teléfono, que detrás da súa inocente aparencia, oculta intereses perigosos que complicarán a súa existencia.

Galego

Os tres porquiños

Os tres porquiños é un espectáculo teatral para os máis pequenos con monicreques, teatro, xogos tradicionais e música en directo. Unha proposta coidada e visual a partir dun dos contos tradicionais máis coñecidos da literatura infantil. Sons, texturas e cores captan a atención das nenas e nenos nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia.

Contadora: Bea Campos

Músico e contador: Manuel Pombal

Galego

O péndulo

O Péndulo é unha obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu a sublevación militar de 1936 e o inicio daGuerra Civil en Galicia. Este achegamento á nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, co-dramaturga e actriz, trasládanos a experiencia do seu bisavó,Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente na Cañiza. Membro do Partido Socialista Galego, republicano e Presidenteda Casa do Pobo da vila. Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón.

Galego

O porco de pé

O Porco, o animal totémico dos cocidos e dos entroidos, toma os teatros para demostrar a sua superioridade sobre os seres humanos. O que presenta Excéntricas é un teatro de barracón, aquel que, na infancia, nos fascinaba e nos asustaba a partes iguais. Un farol mortizo, un chan de serrín, unha cortina vermella e, de súpeto, aparece o porco en elegante pose de equilibrista a sosterse sobre os pés, a finxirse un ser humano con tanta graza, que resulta imposible distinguilo.

Galego

O garoto de Ipanema

Todos os anos, polo mes de Xaneiro, Caxoto adica o mes de Xaneiro a empaparse coa vida e obra da persoa homenaxeada ese ano co Día das Letras Galegas despois e prepara un espectáculo pensado para programar ao longo de todo ese ano para público familiar. Destas maneira Xela Arias, Carbalho Calero, Antón Fraguas... pasaron a formar parte do catálogo de espectáculos do narrador oral Caxoto.

Galego

No país do vento

No País do Vento, nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran, as xentes brincan e moitas melodías e algunhas pequenas historias van buscando orellas que escoiten e labios que as cantaruxen para seguir vivas ao lombo das brisas e dos furacáns.Moitos son os personaxes que habitan este país de asubíos e airexas: unha científica incorrixible e algo poeta que chegou a explorar o País do vento; noivas, donas, magas bruxas e tolas, mulleres magníficas todas, que bailan unha canción tradicional deste país de brisas; unha familia de papaventos que é feliz buscando países imaxinarios que visita

Galego

“Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é” esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood. Unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea en co-produción co Centro Coreográfico Galego | Agadic.  

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios