Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Pinga a Pinga

Un espectáculo de concienciación onde a rapazada aprenderá dun xeito divertido e entretido como facer un bo uso da auga.

O doutor Fauchis coa axuda do pallaso Lolo e as súas tolerías, axudarános a facer un uso responsable da auga por medio de consellos moi doados e sinxelos o alcance de todos/as.

Galego

Pirolíticos

Mantendo a estrutura, o estilo, e as intencións “didácticas” que sempre caracterizaron a este dúo, PIROLÍTICOS é esencialmente unha guía para orientar ao público sobre as novas masculinidades de sempre e conseguir (no caso dos homes) unha correcta pirólise en 10 pasos sinxelos. Ao igual que os fornos modernos, é necesario conseguir un estado de “baleiro total” para poder comprender e asumir os novos conceptos que o Feminismo achegou nas últimas décadas.

Galego

Miss Docet

O novo proxecto teatral da Compañía Eléctrica ten como protagonista a Emilia Docet, a muller que foi coñecida por ser a “Miss España galeguista”.

Baseándonos en documentación de hemeroteca reconstruímos os anos nos que Emilia Docet Ríos viviu a súa faceta de Miss. Coñecemos así a vida que leva nesa intensa época na que os actos públicos parecen ser o centro da súa vida.
Emilia é unha disciplinada deportista e estudante de Peritaxe Mercantil que aproveita a circunstancia da súa popularidade para expresar tamén o seu
galeguismo.

Galego

Minguantes

Minguantes é unha peza que se adentra no universo temporal de dúas persoas que van envellecendo. Corpos que surcan o terreo dos cambios, onde todo parece ir máis aprisa que de costume e xa correr non é unha opción, outra galaxia lles espera.

Sinopse: Cando todo se pare, escoita ao animal minguante, sentirás a beleza do seu silencio.

Caen as follas como o teu cabelo
A choiva a penas se sinte
Sen darnos conta brotaron as flores
A choiva segue, o teu cabelo cae e o brillo dos teus ollos segue intacto.

Galego

Manola

Moitadiversión, moitas aventuras, moita música e moito aprendizaxe. Estas son as catro claves deste espectáculo. 

“A Tartaruga Manola” é un conto que trata un dos temas máis importantes que nos toca abordar na actualidade, a conservación do sitio onde vivimos todos os seres vivos, o noso planeta, e como debemos actuar se queremos que siga sendo un lugar habitable para nós e para os que veñan despois de nós.

Galego

Magia... y más allá

 "Magia...y Más Allá"

Payaso de corazón, ilusionista e comunicador nato, un showman. 

Luis Boyano é moito mais que un mago, é un cómico, un mimo e sobre todo un gran ilusionista que sobre o escenario non deixa un segundo para a reflexión ou o despiste. 

En “MAGIA...Y MÁS ALLÁ”, o público disfrutará e participará activamente durante toda a actuación. Porque continuamente a sorpresa solapase coa risa, e viceversa ata o final do seu show.

Galego

LAIKA

1957. Estamos en Moscú. En plena Guerra Fría e no apoxeo da carreira espacial. A Unión Soviética disponse, por primeira vez, a enviar un animal o espacio sideral... Esta é a historia de Laika, unha perriña que sobrevive polas rúas da xeada cidade de Moscú. Pouco se imaxina que o seu destino  levaría o espacio na nave Sputnik II e pasará a historia da humanidade como o primeiro ser vivo en orbitar ao rededor da Terra. Xirriquiteula Teatre utiliza, neste espectáculo, técnicas tan variadas como retroproyeccions, collage, títeres, autómatas e xesto.

Galego

H2....OH

H2..OH! É unha peza teatral baseada no libro do mesmo título de María Canosa.
Unha divulgadora científica e dous doutores de ciencias mundialmente coñecidos, Montsilia Brasilisca e Pepablov Pasparof, son os protagonista desta historia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios